A humanidade en evolución: dunha economía depredadora ao mundo feudal
2.2 A Idade Antiga
O tránsito á Historia
A aparición da escrita era o que determinaba tradicionalmente que unha sociedade entraba na Historia. Na actualidade tense en conta, ademais, o desenvolvemento económico xeral, o nacemento das cidades e o comercio a grande escala.
Estes cambios dan comezo á Idade Antiga, primeira etapa da Historia, que abrangue ata o 476 d.C., data da caída do último emperador do Imperio Romano de Occidente.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0