Saltar navegación

4.1 Solucións das actividades propostas

Solucións das actividades propostas

S1.

  • Globalización. O proceso de achegamento e relación das rexións da Terra, das actividades económicas, dos recursos, da poboación e das culturas.

  • Desde as perspectivas económica, tecnolóxica, sociocultural e política.

S2.             

  • American-way-of-life

Modo de vida americano, é dicir, estilo de vida dos habitantes dos Estados Unidos de América.

  • Que é a americanización?

Proceso de asimilación cultural da cultura dos EE UU, é dicir, a influencia que esta exerce noutras culturas do mundo e que dá lugar a un proceso de substitución da cultura propia por aquela.

  • Que é o patrimonio?

Segundo a Unesco o patrimonio cultural dun pobo comprende as obras dos seus artistas, arquitectos, músicos, escritores e sabios, así como as creacións anónimas, xurdidas da alma popular, e o conxunto de valores que dan sentido á vida, é dicir, as obras materias e non materiais que expresan a creatividade dese pobo; a lingua, os ritos, as crenzas, os lugares e monumentos históricos, a literatura, as obras de arte e os arquivos e bibliotecas.

  • Elementos identificadores do noso patrimonio material/inmaterial.

Material: arquitectura, patrimonio arqueolóxico (petróglifos, mámoas, castros, antas ...); etnográfico (cruceiros, petos de ánimas, muíños, batáns…).

Inmaterial: lendas, tradicións (auga de san Xoán, Entroido...), receitas tradicionais, cantigas, instrumentacións, xogos…

 

S3.             

  • Características da globalización económica:

      • Comercio internacional.

      • Mundialización da produción.

      • Internacionalización dos fluxos financeiros e de movementos especulativos.

      • Rapidez nos transportes.

      • A lei da oferta e da demanda produce a subida ou a baixada dos prezos.

S4.             

  • Capitalismo: sistema de produción caracterizado pola propiedade privada dos medios de produción, a procura do beneficio máximo e o mercado libre.

  • Propiedade privada. Beneficio máximo. Mercado libre.

  • Limitan a liberdade comercial os monopolios e os oligopolios.

S5.             

  • A situación actual, consecuencia da espectacular produción industrial, permitiu mellorar as condicións de vida da humanidade.

  • Á produción de bens efémeros seguen estas consecuencias:

    1. Dilapidación de enerxía.

    2. Consumo excesivo de recursos naturais.

    3. Xeración de refugallos prexudiciais para o ambiente.

S6.             

  • Para que o comercio funcione son necesarios intercambios de materias primas, bens de consumo e servizos.

  • Os fluxos ou intercambios prodúcense entre os fabricantes e ofertantes e os demandantes.

  • Os fluxos de capitais prodúcense maioritariamente entre os países desenvolvidos.

S7.             

  • As multinacionais son grupos industriais, comerciais e financeiros.

  • Teñen actividades diversificadas.

  • Operan en distintos países mediante filiais.

S8.             

  • Corporacións integradas horizontalmente.

  • Corporacións integradas verticalmente.

  • Corporacións diversificadas.

  • Cartel.

  • Trust.

  • Holding.

S9.             

  • Máis de 3,3 millóns de vítimas.

  • 600 millóns.

  • O tántalo.

  • Coltán é a abreviatura de dous minerais (columbita e tantalitas). Do coltán extráese o metal tantalio.

  • En 11 meses.

  • Entre o Congo e Ruanda.

  • Os líderes rebeldes.

  • Manter as guerras.

S10.             

 

Primeiro Mundo

Norte

20% da poboación

80% da riqueza

Terceiro Mundo

Sur

20% da riqueza

80% da poboación

 

  • Desigual crecemento da poboación:

    1. Alta natalidade nos países pobres.

    2. Desequilibrios mundo urbano / mundo rural.

    3. Desigualdade home / muller.

    4. Escravitude e emigración.

 

  • Desequilibrio económico:

    1. Inxusta distribución da riqueza.

    2. Malnutrición.

    3. Recursos enerxéticos e mineiros: nos países desenvolvidos.

    4. Débeda externa e axuda ao desenvolvemento.

    5. Desiguais intercambios comerciais.

 

  • Conflitos xeopolíticos: nos países pobres.

  • Dependencia tecnolóxica: dos países pobres.

  • Problemas ambientais:

    1. Acceso á auga potable.

    2. Cambio climático.

 

  • Difícil acceso á educación: 98% de analfabetismo nos países subdesenvolvidos.

  • Difícil acceso á sanidade: doenzas e fames deciman os países subdesenvolvidos.

S11.             

  • Da mundialización da economía derivan estes feitos:

    1. Máis desequilibrio entre países desenvolvidos (centro) e subdesenvolvidos (periferia).

    2. Atraso económico e baixo nivel de vida dos países subdesenvolvidos.

    3. Os países subdesenvolvidos non transforman as materias primas que producen.

    4. Dependencia industrial, tecnolóxica e financeira dos países subdesenvolvidos respecto dos desenvolvidos.

    5. Endebedamento progresivo dos país pobres.

  • A economía dos países subdesenvolvidos é precaria.

  • Os países subdesenvolvidos sofren tamén dependencia industrial e tecnolóxica.

  • O endebedamento progresivo consiste no círculo vicioso que se crea: os países pobres non dan pagado as débedas e necesitan solicitar máis crédito.

  • Norte: países dominantes. Sur: países dominados.

S12.             

  • Resposta libre.

  • O PIB obtense destes sumandos:

Consumo + investimentos + gasto público + exportacións + importacións.

  • Pola renda, os países pódense clasificar en:

    1. Países desenvolvidos economicamente.
    2. Países en vías de desenvolvemento.
    3. Países subdesenvolvidos.
  • O IDH atende a:

    1. Esperanza de vida.
    2. Educación e taxa de alfabetización.
    3. Renda nacional per cápita segundo o poder adquisitivo.

 

S13.             

  • Pegada ecolóxica: indicador que determina a área bioloxicamente produtiva necesaria para:
    1. Producir os recursos que consome unha persoa.

    2. Absorber os refugallos que xera.

  • Corresponderían a cada persoa 1,8 hectáreas.

  • A estratexia dos tres erres consiste en readaptar, reutilizar e reciclar.

  • Reducir refugallos.

 

S14.

Organización da economía mundial:

  • Toman acordos sobre economía mundial: Banco Mundial, Fondo Monetario internacional, G7, G8, Organización Mundial do Comercio, e Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico.

  • Obxectivos do BM e do FMI:

    1. Reducir a pobreza.

    2. Fomentar políticas económicas sustentables.

    3. Facilitar o comercio internacional.

  • Non conseguen os obxectivos. Cada ano aumentan as diferenzas entre os países ricos e os países pobres.

S15.             

  • A diferenza radica nos medios empregados para lograr os obxectivos.

O Foro Económico Mundial achégase máis a temas sociais.

O Foro Social Mundial discute a necesidade de xerar riqueza, dun xeito sustentable, para lograr maior benestar social.

  • As diferenzas ideolóxicas son tamén claras:
        1. No Foro Económico participan líderes de negocios, políticos, activistas sociais, ministros de comercio...

        2. O Foro Social é unha iniciativa da sociedade civil, concibido como un espazo de debate democrático de ideas e formulación de propostas de movementos sociais, redes, ONG, que se opoñen ao neoliberalismo.

 

Coinciden no obxectivo de erradicar a pobreza no mundo.

  • Os altermundistas critican o libre comercio, a mercantilización da sociedade, as grandes institucións financeiras, as multinacionais e a banca.

S16.             

  • Desenvolvemento global:

    1. Creación de organismos globais democráticos para redistribuír a riqueza.

    2. Cesión, por parte dos organismos estatais, rexionais e supranacionais, a organismos mundiais e locais.

    3. Órganos locais, coñecedores dos problemas, deberían tomar máis decisións.

    4. Nova orde económica.

    5. Condonación da débeda externa.

    6. Libre circulación de persoas.

    7. Control das multinacionais.

    8. Máis importancia ao IDH.

  • Desenvolvemento sustentable: é a xestión responsable dos recursos do planeta que salvagarde as necesidades da poboación actual e da poboación futura.

 Camiño ao desenvolvemento sustentable:

      1. Consumir os recursos renovables a ritmo máis lento cá súa taxa de renovación.
      2. Consumir recursos non renovables en proporción que non exceda o da súa substitución por recursos renovables.
      3. Verter ao medio natural só os residuos absorbibles polos ecosistemas.
      4. Manter a biodiversidade do patrimonio xenético dos ecosistemas.

 

  • Están na liña do desenvolvemento sustentable:

 

      1. A utilización dos recursos renovables a ritmo inferior á taxa de renovación.
      2. A utilización dos recursos non renovables en proporción inferior á da substitución por recursos renovables.
      3. Prohibición de verter ao medio natural unha cantidade de residuos que exceda a capacidade de absorción dos ecosistemas.
      4. Mantemento da biodiversidade do patrimonio xenético dos ecosistemas.

 

 

  • Resposta persoal.

 

S17.  

  • O Protocolo de Kioto pedía reducir un 5 % a emisión á atmosfera de gases contaminantes.

  • Os microcréditos serven para financiar proxectos laborais dos máis pobres.

  • Pódese frear o cambio climático reducindo a emisión á atmosfera de gases contaminantes.

S18. 

  • Resposta persoal.

  • Porque o comercio xusto está moi pouco desenvolvido e quizais non esteamos concienciados do verdadeiro problema.

S19.             

  • Cal é o medio..?

Teléfonos móbiles.

  • Que vantaxes ...?

Permiten que as noticias cheguen de forma inmediata, que todo o mundo teña acceso á información, mais o perigo é a manipulación da información.

  • Media de móbiles

China: 0’33. EE UU: 0’73. España: 1,02. Serra Leoa: 0’01. Romanía: 0’60

S20.             

  • Idea principal

A falta de liberdade de prensa na China.

  • Por que...?

Fáltalles ética por antepor os beneficios ás liberdades (expresión e prensa). Si que poden facer outra cousa, aínda que iso lle ocasionaría grandes perdas económicas.

  • Que tipo de...?

Independencia, Taiwan, praza de Tiananmen, Dalai Lama.

  • Que motivos ...?

Regular a información ante noticias pouco saudables para a poboación.

S21.            

  • Resposta persoal.
  • O sistema de telecomunicacións substitúe o tantán da tribo, segundo a metáfora de McLuhan.
  • Consecuencias dos avances nas telecomunicacións:
  1. Redución dos custos de produción e distribución.
  2. Aparición das multinacionais.
  3. Automatización industrial.
  4. Persoal cualificado.
  5. Intervención na economía de distintos países simultaneamente.

 

S22.             

  • Diferenza:

    1. Investigación: investir diñeiro para obter coñecementos.

    2. Innovación: investir coñecementos para obter diñeiro.

2

4

1

5

6

3

S23.             

  • Vantaxes ...

  • Pode ser a clave do éxito empresarial.

  • Estar permanentemente comunicado, localizar posicións e estar localizado.

  • Permite aos traballadores levar sempre a oficina ás costas con todos os servizos.

  • Reduce custos.

  • Melloras ...

  • Fax móbil, recibir chamadas, imprimir as mensaxes, localizar a posición por GSM-CELA.

  • Recepción ou envío de ordes de carga, mapas, documentos en xeral, ... independiza os traballadores dunha oficina fixa, liberándoos de ter que volver ao punto de orixe para unha nova viaxe ou traballo.

S24.     

       Sopa

S25.             

  • EEUU.

  • Kazakstán.

  • Chad, Sahara occidental, Zimbabwe, Somalia, Turquía, Iraq e Afganistán.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0