Saltar navegación

1.1.4 Un progreso económico espectacular

  • O progreso espectacular da produción industrial desde hai setenta anos permitiu mellorar as condicións de vida da humanidade e dispor de numerosos artigos manufacturados a prezos accesibles. Produciuse cada vez máis e a menor custo e a xente adquiriu máis bens.

  • A oferta provocaba a demanda. Empezaron a producirse bens efémeros. Os anuncios publicitarios e as técnicas de comercialización, asociadas ás ideas de felicidade e consumo, obtiveron un éxito extraordinario.

  • A produción de bens efémeros ocasiona unha dilapidación de enerxía e de recursos naturais e xera un volume considerable de refugallos prexudiciais para o ambiente.

  • Os países ricos producen gran cantidade e variedade de produtos manufacturados que necesitan vender. O comercio internacional permite a saída de excedentes: vender ao estranxeiro aquela produción que non se puido colocar no propio país, porque a demanda interna non absorbeu a produción das empresas.

  • A existencia de materias primas nunha rexión xeográfica debería favorecer o nacemento de industrias derivadas nesa mesma rexión. Non obstante, con moita frecuencia as materias primas son transformadas noutros lugares.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0