1.2.3 Organismos internacionais
A globalización económica está alentada por gobernos e institucións supranacionais que serven de foros para discutir ou acordar medidas:
-
Banco Mundial (BM). Organismo das Nacións Unidas, creado no 1944. Obxectivo: reducir a pobreza do mundo grazas a préstamos de baixo xuro, créditos sen xuro bancario e apoios económicos ás nacións en desenvolvemento.
-
Fondo Monetario Internacional (FMI), 1944. Obxectivos:
-
Promover políticas económicas sustentables internacionalmente.
-
Facilitar o comercio internacional.
-
Reducir a pobreza.
-
G7 e G8. Grupo de países industrializados, con peso económico, político e militar, relevantes no mundo. Xorde en 1973 coa unión de Alemaña, Canadá, os Estados Unidos, Francia, Italia, Xapón e Reino Unido, aos que se lles engadiu Rusia en 1998. Finalidade: analizar o estado da política e das economías internacionais, nun intento de tomar decisións mediante acordos.
-
Organización Mundial do Comercio (OMC), fundada en 1995 para promover acordos para favorecer o comercio.
-
Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE). Promove a expansión económica dos países integrantes e tamén a dos países en vías de desenvolvemento.
Algunhas crises económicas con repercusión mundial revelaron que os Gobernos e os organismos internacionais xeran situacións de descontrol na economía mundial cando permiten a liberdade total e incontrolada dos movementos de capitais.
Nas últimas décadas xurdiron asociacións cidadás, cooperativas, ONG, preocupadas polos problemas nacionais e mundiais. É extraordinaria a resposta de organismos privados e de asociacións de voluntarios que axudan a paliar desastres acaecidos nalgures.
Con todo, os países subdesenvolvidos camiñan cara un progresivo empobrecemento debido, entre outras cousas, aos cartos que continuamente teñen que pagar por tecnoloxía aos países ricos.
Actividades propostas
S11. Mundialización e pobreza:
-
Que consecuencias derivan para os países ricos e os países pobres da mundialización da economía?
-
Como é a economía dos países subdesenvolvidos?
-
Que outras dependencias sofren os países pobres?
-
En que consiste o endebedamento progresivo?
-
Emparelle conceptos: Sur. Países dominantes. Países dominados. Norte
S12. Explique esta árbore de factores de desenvolvemento humano:
![]() |
|
|
IDH alto: Europa e Norteamérica |
IDH baixo: África |
-
Que conceptos hai que sumar para obter o PIB?
-
Como se clasifican os países atendendo á renda per cápita?
-
Que compoñentes básicos do benestar se consideran no IDH?
S13. Ecoloxía:
-
Defina pegada ecolóxica.
-
Que superficie correspondería a cada persoa nun reparto equitativo?
-
En que consiste a estratexia dos tres erres?
-
Que finalidade persegue a estratexia ecolóxica
S14. Organización da economía mundial:
-
Que organismos toman acordos sobre a economía mundial?
-
Que obxectivos teñen o BM e o FMI?
-
Conseguen eses obxectivos?
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
