1.1.7 División da Terra segundo criterios económicos
A Terra divídese en dous mundos, separados por unha liña imaxinaria:
-
O Norte: tamén coñecido como Primeiro Mundo, onde vive o 20% da poboación, que acumula o 80% da riqueza.
-
O Sur:coñecido como Terceiro Mundo, onde vive o 80 % da poboación, que só dispón do 20% da riqueza.
É un reparto inxusto: para que o Primeiro Mundo viva nun estado de benestar, é necesario que millóns de persoas do Terceiro Mundo vivan na miseria.
Algunhas causas do desigual acceso ao desenvolvemento
-
Desigual crecemento da poboación. Nas últimas décadas produciuse a desaceleración do crecemento da poboación mundial.
-
Alta natalidade dos países de renda baixa, e aumento da poboación, que non pode ser mantida cos recursos económicos existentes na rexión.
-
Desequilibrios entre mundo urbano e rural, as cidades atraen o mundo rural.
-
Desigualdades entre home e muller.
-
Escravitude e emigración: homes e mulleres que foxen da miseria.
-
Desequilibrio económico:
-
Inxusta distribución da riqueza (proteccionismo dos países ricos). O aumento progresivo da poboación orixina maior presión sobre os recursos naturais.
-
Fame e alimentación (malnutrición).A FAO considera que no mundo hai 800 millóns de persoas que sofren graves carencias de alimentación. Fronte a esta lacra mundial, a sobrealimentación no primeiro mundo causa numerosas doenzas.
-
Os recursos enerxéticos e minerais. As enerxías fósiles, a enerxía nuclear ou hidroeléctrica son empregadas case en exclusividade por países desenvolvidos; os países subdesenvolvidos deben seguir utilizando combustibles tradicionais.
-
A débeda externa e a axuda ao desenvolvemento. Os países pobres están endebedados cos países ricos ou con institucións financeiras internacionais.
-
Desiguais intercambios comerciais. Os países ricos bloquean as exportacións agrícolas dos países pobres, protexendo as propias e abaratando os prezos.
-
Conflitos xeopolíticos: boa parte dos países pobres sofren a violencia provocada por enfrontamentos étnicos, relixiosos ou sociais. En realidade, estas loitas amosan a debilidade dos seus gobernos, moitos ditatoriais.
-
Dependencia tecnolóxica: os países pobres carecen de tecnoloxía propia ou de capacidade para asimilar a dos países ricos, o que xera grandes desequilibrios.
-
Problemas ambientais: o acceso á auga potable, ben moi escaso, e o cambio climático (desertización, perda de biodiversidade e contaminación atmosférica).
-
Difícil acceso á sanidade e á educación.
-
Doenzas (malaria, SIDA) e fames castigan a poboación, que non ten acceso a medicamentos nin a médicos. A poboación emprega a súa vida e o seu tempo en sobrevivir, na procura de alimentos e auga. Isto limita o acceso á educación.
-
O 25% da poboación adulta mundial é analfabeta, non sabe ler nin escribir. O 98% do analfabetismo mundial concéntrase nos países subdesenvolvidos.
-
Causas extraeconómicas do subdesenvolvemento
Razón do estancamento
Solución e comentarios
Determinismos:
-
Demográfico: superpoboación.
-
Racial e relixioso.
-
Medio físico: clima, vexetación...
-
Recursos naturais escasos.
-
Falta de clase empresarial.
-
Ningunha.
-
Hai países con grandes recursos naturais, pero non desenvolvidos.
-
Hai países superpoboados e moi desenvolvidos.
-
-
Poboación mundial (produción mundial que consome)
Norte
Sur
-
Enerxía.
-
Metais.
-
Madeira.
-
Combustibles fósiles.
-
Aceite.
70 %
75 %
85 %
79 %
75 %
30 %
25 %
15 %
21 %
25 %
-
-
O desenvolvemento económico debe centrarse nos seres humanos máis que nas nacións e promover os dereitos e as oportunidades das persoas como fin último

Actividades propostas
S10. Relacione os termos de cada columna e fila.
|
Primeiro Mundo |
|
|
|
Terceiro Mundo |
|
|
- Escriba as causas do desigual acceso ao desenvolvemento.
|
Primeiro Mundo |
Norte |
20% da poboación 80% da riqueza |
|
Terceiro Mundo |
Sur |
20% da riqueza 80% da poboación |
-
Desigual crecemento da poboación:
-
Alta natalidade nos países pobres.
-
Desequilibrios mundo urbano / mundo rural.
-
Desigualdade home / muller.
-
Escravitude e emigración.
-
-
Desequilibrio económico:
- Inxusta distribución da riqueza.
- Malnutrición.
- Recursos enerxéticos e mineiros: nos países desenvolvidos.
- Débeda externa e axuda ao desenvolvemento.
- Desiguais intercambios comerciais.
-
Conflitos xeopolíticos: nos países pobres.
-
Dependencia tecnolóxica: dos países pobres.
-
Problemas ambientais:
- Acceso á auga potable.
- Cambio climático.
-
Difícil acceso á educación: 98% de analfabetismo nos países subdesenvolvidos.
-
Difícil acceso á sanidade: doenzas e fames deciman os países subdesenvolvidos.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0