Saltar navegación

1.1.3 Intercambios comerciais

Para que o mercado funcione son necesarios intercambios comerciais ou fluxos de materias primas, bens de consumo e de servizos entre quen os produce e ofrece, e quen os necesita e demanda.

O intercambio comercial require tamén fluxos de capitais, que na maior parte se efectúan entre os países desenvolvidos. Nunha proporción menor, rexístranse fluxos de capitais entre os países do norte e os do sur.

Así mesmo, a imposición progresiva e universal da informática, para realizar as operacións financeiras mundiais, determina a importancia actual dos fluxos de información no comercio internacional.

Hoxe, as redes de información telemáticas son imprescindibles para ordenar investimentos, consultar o estado dunha empresa ou sector económico, controlar a circulación ou o stock dun produto nos mercados e converter unha moeda noutra.

O maior prezo dos produtos elaborados fronte ás materias primas xogan, nos intercambios comerciais, a favor dos países desenvolvidos.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0