Saltar navegación

1.2.1 Indicadores do desenvolvemento

Produto interior bruto (PIB)

Indicador económico que resulta de calcular todas as actividades económicas realizadas nun país durante un período de tempo: trimestre ou ano. O cálculo do PIB obtense da seguinte suma:

Consumo + investimentos + gasto público + exportacións + importacións

Renda per cápita

Resulta de dividir o PIB entre o número de habitantes dun país. Xa que logo, o crecemento dun país mídese polo aumento do PIB. Este indicador permite clasificar os países en:

  • Desenvolvidos economicamente: cando a renda per cápita supera os 6.000 dólares.

  • En vías de desenvolvemento: cando a renda per cápita non supera os 6.000 dólares.

  • Subdesenvolvidos:cando a renda per cápita non acada os 600 dólares.

O indicador da renda per cápita pode ser enganoso, xa que non recolle variables que se consideran imprescindibles para avaliar o benestar dun país, como a taxa de paro ou a contaminación. En efecto, un país pode duplicar en pouco tempo a súa renda per cápita e, ao tempo, ter aumentado o paro, a pobreza e as desigualdades sociais.

Índice de desenvolvemento humano (IDH)

Indicador socioeconómico elaborado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD). Ten en conta os seguintes factores:

  • Vida longa e saudable: esperanza de vida ao nacer.

  • Educación: taxa de alfabetización de adultos + taxa bruta (matriculación) na educación primaria, secundaria e superior + anos de educación obrigatoria.

  • Nivel de vida digno: Produto interior bruto per cápita en dólares.

O índice de desenvolvemento humano exprésase en valores situados entre 0 e 1:

  • Países con desenvolvemento humano alto: IDH ≥ 0,8.

  • Países con desenvolvemento humano medio: 0,5 ≤ IDH < 0,8.

  • Países con desenvolvemento humano baixo: IDH < 0,5.

O desenvolvemento humano é tal cando logra para as persoas unha vida prolongada e saudable, educación, recursos para un nivel de vida decente, liberdade política, garantía dos dereitos humanos e respecto a si mesmo.

 Mapa
Azul 

Nivel alto

 Amarelo

Nivel medio

 Vermello

Nivel baixo

 Gris

Non analizado

Mapa do mundo para o IDH dos Estados, Informe 2007/2008 (PNUD)

Algúns países co seu índice de desenvolvemento humano (2010)

País Primeiro Mundo

IDH

País Terceiro Mundo

IDH

  • Noruega

0,938

  • Malí

0,309

  • Australia

0,937

  • Liberia

0,300

  • Estados Unidos

0,902

  • Chad

0,295

  • Irlanda

0,895

  • Mozambique

0,284

  • Países Baixos

0,890

  • Burundi

0,282

  • Canadá

0,888

  • Nixeria

0,261

  • Suecia

0,885

  • Rep. Dem. Do Congo

0,239

  • Alemaña

0,885

  • España

0,861

  • Cimbabue

0,140



Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0