Saltar navegación

1.2.2 A pegada ecolóxica

É un indicador que determina a área bioloxicamente produtiva necesaria para xerar os recursos que consome unha persoa e absorber os refugallos que xera, sen ter en conta o lugar en que se atopan as áreas estudadas.

Se o reparto fose equitativo, corresponderíanos a cada persoa 1,8 hectáreas, mais a media mundial está en 2,23 hectáreas. Os resultados están baseados na observación dos seguintes aspectos:

  • Hectáreas utilizadas para urbanizar, xerar infraestruturas e centros de traballo.

  • Hectáreas necesarias para proporcionar o alimento vexetal preciso.

  • Superficie necesaria para pastos que alimenten o gando.

  • Superficie mariña necesaria para producir o peixe.

  • Hectáreas de bosque necesarias para asumir o CO2 froito do noso consumo enerxético.

Desvío dalgúns países con respecto á media equitativa de pegada ecolóxica (1,8 hectáreas)

Clasificación 2003

País

Poboación (millóns)

Pegada ecolóxica

Desvío do axeitado

1

Emiratos Árabes

3

11'9

10,1

2

Estados Unidos

294

9'6

7,8

3

Finlandia

5'2

7'6

5,8

4

Canadá

31'5

7'6

5,8

5

Kuwait

2'5

7'3

5,5

6

Australia

19'7

6'6

4,8

7

Estonia

1'3

6'5

4,7

8

Suecia

8'9

6'1

4,3

15

España

41'1

5'4

3,6

46

México

103'5

2'6

0,8

50

Chile

15'8

2'3

0,5

55

Arxentina

38'4

2'3

0,5

57

Venezuela

25'7

2'2

0,4

A estratexia dos tres erres

Cada vez é maior a cantidade de residuos sólidos urbanos (RSU) que xeramos diariamente. O exceso de envases e embalaxes, asociado ás condutas cada vez máis consumistas, fainos producir case 1 kg de desperdicios sólidos por habitante e día.

Cada vez é maior a cantidade de residuos sólidos urbanos (RSU) que xeramos diariamente. O exceso de envases e embalaxes, asociado ás condutas cada vez máis consumistas, fainos producir case 1 kg de desperdicios sólidos por habitante e día.

Esta conduta pouco coidadosa coa conservación do medio colapsa os vertedoiros de residuos xa construídos e obriga a construír máis incineradoras de RSU, cos problemas de contaminación que isto produce.

Fronte a esta dinámica de dispendio, de usar e tirar, outras posturas defenden a chamada estratexia dos tres erres: readaptar, reutilizar, reciclar:

  • Readaptar: darlle a un obxecto que xa non teña utilidade un uso diferente do orixinal.

  • Reutilizar: volver a utilizar un obxecto co uso para o que foi concibido

  • Reciclar: aproveitar a materia prima dun obxecto para fabricar outro de igual ou distintas características

Estas estratexias pretenden, en definitiva:

  • Reducir: producir menos lixo. Aforrar e aproveitar máis eficazmente os recursos. Potenciar as industrias limpas.

O desastre dos tres C

  • Consumismo.

  • Contaminación.

  • Corrupción.

Cuestionario para reflexionar sobre o comportamento propio

  • Intenta reutilizar cousas que teña en vez de tiralas ou mercar outras?

  • Usa ao máximo as posibilidades de reciclaxe da súa parroquia, vila ou cidade?

  • Usa panos e trapos de tecido?

  • Fai compostaxe cos desperdicios orgánicos?

  • Prefire arranxar un obxecto antes de mercar outro?

  • Fai compras coas bulsas reutilizables?

  • Pecha a billa cando lava os dentes?

  • Apaga a luz cando sae dunha habitación que queda baleira?

  • Usa papel reciclado?

  • Utiliza o transporte colectivo, ou bicicleta para ir á clase, ao traballo?

  • Deposita o vidro nos iglús de recollida?

  • Elixe produtos verdes no supermercado?

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0