1.5.1 Actividades propostas
Actividades propostas
S19. O cuarto poder: non todos os países teñen acceso aos medios de comunicación. Hai, pois, desigualdade. Analice a táboa e responda:
|
País (1998-2007) |
Teléfono terrestre (2007) |
Teléf. móbiles (2007) |
Estacións radio (1998) |
Estacións TV (2004) |
Usuarios internet (2007) |
Poboación (2007) |
|
350.433.000 |
437.480.000 |
673 |
3240 |
123.000.000 |
1.321.851.888 |
|
268.000.000 |
219.400.000 |
13769 |
2218 |
205.327.000 |
301.139.947 |
|
18.322.000 |
41.328.000 |
924 |
224 |
19.205.000 |
40.448.191 |
|
24.000 |
113.200 |
11 |
2 |
10.000 |
6.144.562 |
|
4.391.000 |
13.354.000 |
698 |
623 |
4.940.000 |
22.276.056 |
-
Cal é o medio de comunicación máis desenvolvido nos países da táboa?
-
Que vantaxes ten cada un dos medios de comunicación e que inconvenientes?
-
Que media de móbiles lle corresponde a cada cidadán dos países citados
S20. Liberdade e internet: a liberdade de prensa está recollida nos dereitos básicos das persoas, pero non sempre se respectan. Fálase moito das limitacións do uso de internet en países asiáticos. Lea este texto
"Hai un tema dando voltas nos últimos meses ao que non se ve moi presente nalgúns medios, as novas medidas de China para controlar todo o que se escribe en internet. E é interesante, porque é a liberdade de expresión e de acceso á información o que está en xogo, e non parece molestar ás grandes empresas de internet, que están a investir miles de millóns nese mercado.
Entanto que Yahoo!, Google e MSN só parecen alleas ao tema, son estas as empresas que poñen ao dispor do goberno chinés os filtros que se necesitan para controlar o tránsito de información. Por exemplo, sacar da vista dos usuarios algunhas palabras ou frases prohibidas como "independencia", "Taiwan", "praza de Tiananmen" e "Dalai Lama".
"Necesitamos regular mellor os servizos de noticias en internet, pola aparición de tantas noticias pouco saudables que confunden o público", declarou un portavoz da Oficina de Información."
2005
-
-
Cal é a idea principal do texto?
-
Segundo o autor, Yahoo, Google e MSN carecen de ética. Por que? Poden facer outra cousa? Que pasaría se se enfrontasen ao goberno?
-
Que tipo de palabras están prohibidas en China?
-
Que motivos alega o goberno chinés para as prohibir?
-
S21. Aldea global:
-
Que entende vostede por aldea global?
-
A tribo primitiva usaba o tantán para emitir mensaxes. Que substitúe o tantán na sociedade actual desenvolvida?
-
Consecuencias dos avances nas telecomunicacións.
S22. I+D+i:
-
Cal é a diferenza, para Tapani Esko, entre investigación e innovación?
-
O sistema galego de I+D+i está integrado polas empresas, o sistema público (universidades, centros de investigación e sanidade), organismos de soporte á investigación e ás Administracións. Investigue a que institucións corresponden os acrónimos e relacione os recadros:
|
1 |
|
Centro de Supercomputación de Galicia |
|
2 |
|
Centro de Investigacións Mariñas. |
|
3 |
|
Universidade de Santiago Compostela |
|
4 |
|
Asociación de investigación Metalúrxica do Noroeste |
|
5 |
|
Instituto Español de Oceanografía |
|
6 |
|
Laboratorio oficial de metroloxía de Galicia |
-
Diferenza:
-
Investigación: investir diñeiro para obter coñecementos.
-
Innovación: investir coñecementos para obter diñeiro.
-
-
1
-
CESGA
Centro de Supercomputación de Galicia
2
-
CIMA
Centro de Investigacións Mariñas.
3
-
USC
Universidade de Santiago Compostela
4
-
AIMEN
Asociación de investigación Metalúrxica do Noroeste
5
-
IEO
Instituto Español de Oceanografía
6
-
LOMG
Laboratorio oficial de metroloxía de Galicia
-
S23. Mobilidade. Moitos avances na comunicación permiten maior mobilidade. Lea o documento e conteste
Novidade para mellorar a mobilidade, localización e comunicación dos profesionais do transporte por estrada
Nun mercado globalizado e moi competitivo como o actual, dispor de información e documentación en tempo real pódese converter nun factor clave do éxito empresarial. RESSA Comunicacións acaba de pór ao dispor do mercado o novo Fax móbil para camión que permite viaxar por calquera parte de Europa, coa posibilidade de enviar e recibir Fax. Tamén se poderá, por suposto, realizar ou recibir chamadas telefónicas, así como imprimir en papel os mensaxes SMS, inserindo unha tarxeta SIM de Movistar. Pero a súa grande vantaxe e novidade é que se ten a posibilidade de localizar a súa posición dentro do territorio nacional vía situación GSM-CELA na web de RESSA (www.ressa.com).
O Fax móbil para camión convértese así nun elemento imprescindible para todas aquelas empresas ou particulares que traballan na estrada e teñen a necesidade dun Fax móbil que lles permita manexar información impresa en papel. Entre as súas funcións destacan, por exemplo, o envío e recepción de ordes de carga, mapas, CMR, albarás, facturas e contratos. Leva así mesmo implícitas as funcións típicas dun telefono, ata con mans libres, ademais da recepción e impresión de mensaxes SMS e serve igualmente para realizar copias de documentos. As vantaxes desta Fax móbil para camión son innumerables xa que pode ter voz e datos nunha mesma unidade, GSM de acceso ás redes celulares de toda Europa, acceso á rede de telefonía fixa, reducido tamaño e peso, localización vía GSM-CELA, facilita o traballo e reduce os costos. É extremadamente fácil de instalar e de operar, constitúe a solución ideal de baixo custo para os vehículos de longo percorrido, permite ao xestor localizar a súa situación en territorio nacional a través de internet.
Transporte e loxística. 2007
-
-
Cales son as vantaxes de introducirse no mundo da información e documentación en tempo real?
-
Enumere as melloras nas comunicacións citadas no texto publicitario e cite os seus beneficios para os profesionais do transporte
-
S24. Localice 14 principais motivos do desigual acceso ao estado de benestar.
S25. O Protocolo de Kioto é o acordo marco para reducir as emisións de gases á atmosfera. Analice o mapa coa axuda dun atlas ou dun planisferio político.

-
-
Que país asinou o Protocolo de Kioto pero non o ratificou?
-
Que país está pendente de ratificalo?
-
Cite cinco países sen unha posición definida ante Kioto.
-
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0