Saltar navegación

1.5 Investimento I+D+i

Tapani Esko Aho define a investigación como o investimento de diñeiro para obter coñecemento, e a innovación como o investimento de coñecemento para obter diñeiro.

Que é I+D+i

As siglas I+D+i significan investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.Todos os países intentan potenciar a I+D+i mediante subvencións, deducións fiscais, préstamos bonificados ou políticas de apoio para fortalecer as empresas nacionais fronte á posible competencia. Os traballos neste campo melloran:

  • A calidade de vida da cidadanía: computadores, electrodomésticos...

  • O medio natural: tratamento dos refugallos; aparición de motores menos contaminantes, como os eléctricos; procesos industriais aforradores de enerxía.

  • A saúde: novos fármacos, equipamentos máis avanzados para a cirurxía...

 I+D+i

O nivel de actividade en investigación adoita referirse á proporción entre o gasto de I+D+i e o PIB do país.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0