1.3.2 Iniciativas e posibles solucións
Desenvolvemento global
Para resolver os graves problemas de desigualdade actual no mundo, moitos movementos sociais propoñen estas iniciativas:
-
Establecemento dunha nova orde económica:
-
Un bloque comercial dos países do sur, con transferencia libre de tecnoloxías e coñecementos entre Sur e Norte.
-
Respecto á soberanía dos pobos indíxenas e ás culturas autóctonas.
-
Creación de organismos mundiais democráticos de goberno encargados de redistribuír a riqueza. As rexións desenvolvidas axudarían ás menos desenvolvidas. Subvencionaríanse as prestacións sociais nos países máis pobres.
-
Moitas decisións corresponderían a:
-
Organismos locais, que coñecen mellor os problemas do seu contorno.
-
Organismos multilaterais, que distribuirían equitativamente a riqueza entre países.
-
Condonación da débeda externa.
-
Libre circulación de persoas.
-
Control das multinacionais polo poder político democrático dos cidadáns.
-
Darlle prioridade, na realidade social e nos estudos e clasificacións internacionais, ao índice de desenvolvemento humano e darlle menos importancia ao PIB.
Desenvolvemento sustentable
O desenvolvemento sustentable é unha xestión responsable dos recursos naturais do planeta, de xeito que se aseguren as necesidades da poboación actual e as das xeracións futuras. Defende a economía ecolóxica introducindo aspectos ambientais nas actuacións económicas; en definitiva, consumo responsableeaforro enerxético:
-
Uso dos recursos renovables a un ritmo que non exceda a súa taxa de renovación.
-
Utilización dos recursos non renovables nunha proporción inferior á da súa substitución por recursos renovables.
-
Prohibición de verter ao medio residuos que excedan a capacidade de absorción dos ecosistemas.
-
Mantemento da biodiversidade do patrimonio xenético dos ecosistemas.
As solucións aos problemas mundiais son posibles, pero precisan a actuación rápida da comunidade internacional.
-
Protocolo de Kioto. En 1997 comezaron as negociacións para chegar a un Acordo mundial, no marco do Cumio da Terra de Río de Xaneiro, para intentar reducir, de 2008 a 2012, un 5 % a emisión á atmosfera de seis gases moi contaminantes: dióxido de carbono, gas metano, óxido nitroso, hidrofluorocarbonos, perfluorocarbonos e hexafluoruro de xofre. En 2009 os países asinantes dese acordo reuníronse en Copenhague para tratar de avanzar en acordos que freen os efectos do cambio climático.
-

Relación entre a concentración de CO2 e a temperatura (valores medidos no xeo antártico)
A ONU advertiu en varias ocasións que o cambio climático é imparable, debido ao aumento rapidísimo das emisións de gases, principalmente de CO2. Debemos ser conscientes das graves consecuencias que traerá para o planeta, de non frear esas emisións.
-
Os minicréditos.Plan orixinal do economista indio Huhamad Yunus, posto en marcha pola ONU e as ONG ante a negativa dos bancos a conceder préstamos a persoas necesitadas. Son pequenos préstamos, con xuros baixos, para financiar proxectos laborais dos máis pobres, especialmente das mulleres, que cargan coa responsabilidade de sacar adiante as familias.
-
Comercio xusto. Algunhas organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento (ONGD) promoven iniciativas para fomentar o comercio xusto,apoiándose en valores alternativos aos da economía capitalista: transparencia, condicións laborais éticas e eficaces, igualdade de oportunidades no emprego, respecto ás persoas e ao contorno.
En contraposición, hai prestixiosas empresas occidentais que, malia vender os seus produtos moi caros, os elaboran utilizando man de obra barata, incluso infantil.
Estas firmas instalan factorías no Terceiro Mundo e benefícianse dunha lexislación vantaxosa que ignora os dereitos humanos e a protección do medio natural.
Nas relacións comerciais internacionais os países ricos deben promover os dereitos económicos e sociais dos países pobres e solucionar os problemas das poboacións antes que atender as esixencias das grandes empresas.
|
Intercambios comerciais |
|
|
Comercio desigual |
Comercio xusto |
|
|
Actividades propostas
S15. Antiglobalización:
-
Algunha diferenza entre o Foro Económico Mundial e o Foro Social Mundial.
-
Que feitos critican os altermundistas
S16. Posibles solucións:
-
-
Que medidas poderían solucionar algúns problemas derivados do desenvolvemento global?
-
Que actuacións están na liña do desenvolvemento sustentable?
-
Que correntes de movementos antiglobalización coñece
-
S17. Sensibilización:
-
-
Que se pedía no Protocolo de Kioto en 1997?
-
Para que serven os minicréditos?
-
Como se pode frear a carreira abocada ao cambio climático
-
S18. Comercio xusto:
-
-
Por que tipo de comercio se inclina máis vostede?
-
Por que se compra moito máis no comercio desigual ca no comercio xusto
-
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0