1.4.1 Comunicacións, información e mobilidade
Os avances nas telecomunicacións e nos sistemas informáticos definen a terceira revolución industrial.Como consecuencia destes avances:
-
Reducíronse os custos na produción e distribución de bens e servizos; aumentou a eficacia nos traballos.
-
Aparecen as multinacionais, que sitúan as súas filiais en calquera lugar do mundo ao poderen estar comunicadas informaticamente.
-
Automatizáronse os procesos de produción.
-
Precísase persoal máis cualificado e redúcese o traballo rutineiro.
-
Intervense na economía de distintos países ou lugares ao mesmo tempo.
Marshall McLuhan definiu o resultado deste proceso como a consecución da aldea global: por mor da velocidade das comunicacións, a sociedade transformouse e reorganízase como as primitivas aldeas, onde todo o mundo coñece a todo o mundo e as noticias comunícanse inmediatamente.
Os sistemas de telecomunicación converten o mundo nunha aldea, onde a radio, a televisión e internet son o tantán da tribo. Nesta aldea os produtos son deseñados para todo o mundo, en fábricas espalladas polo globo, con provedores en todos os países, competindo con empresas de calquera lugar do planeta.
Mediante un módem, aparello que conecta os computadores ao teléfono, podemos entrar no ciberespazo e entrar en contacto con calquera lugar do planeta. Cun portátil podemos: procesar datos, crear bases de datos, acceder a páxinas web, facer compras por Internet, buscar noticias, anuncios, documentos, parolar, mandar correos electrónicos, acceder a blogs e escribir neles, baixar música…
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0