Saltar navegación

2. Resumo de contidos

Un mundo global

O mundo actual está integrado por diferentes países, relixións, culturas, organizacións políticas e empresas que interactúan nunha rede de relacións económicas, políticas, tecnolóxicas e culturais.

Globalización das actividades humanas

  • Económica: interdependencia comercial. Características:

    • Comercio internacional.

    • Mundialización da produción.

    • Internacionalización dos fluxos financeiros e movementos especulativos.

    • Transportes e comunicacións avanzadas.

  • Tecnolóxica: das TIC.

  • Sociocultural: das ideas e dos costumes.

  • Política: organizada por rexións de influencia económica.

Funcionamento do mercado

  • Rexido pola lei da oferta e da demanda.

  • Economía de mercado ou capitalismo:

    • Propiedade privada dos medios de produción.

    • Beneficio máximo.

    • Mercado libre: oferta e demanda.

    • Monopolios e oligopolios: impiden a liberdade comercial.

  • A produción masiva de manufacturas desde hai 70 anos:

    • Mellorou as condicións de vida das persoas.

    • Potenciou as técnicas de comercialización.

    • Asociou consumo e felicidade.

    • Dilapida enerxía e recursos naturais.

Intercambios comerciais

  • Intercambios necesarios para o mercado:

    • De materias primas.

    • De bens de consumo.

    • De servizos.

    • De capitais.

    • De información.

  • Os países desenvolvidos elaboran o 80 % dos produtos.

  • Os países subdesenvolvidos achegan o 80 % das materias primas.

Multinacionais

  • Empresas multinacionais ou transnacionais:

    • Grupos industriais, comerciais ou financeiros.

    • Desenvolven actividades diversificadas.

    • Operan en todo o mundo mediante filiais.

  • Vantaxes:

    • Aforran salarios.

    • Abastécense de materias primas.

    • Reducen custos.

    • Melloran o produto.

    • Teñen competitividadde.

    • Conseguen mercados afastados.

  • Inconvenientes:

    • Paro creado pola automatización.

    • Reconversión industrial.

    • Aumento da economía somerxida.

    • Dominio dos mercados.

Estratexias e fins das multinacionais

  • Despregarse no estranxeiro e acceder aos grandes mercados.

  • Facilitar a proximidade aos clientes.

  • Reducir os custos de produción.

  • Subcontratar empresas doutros países.

  • Concentrar empresas a escala mundial.

  • Deslocalizar unidades de produción.

  • Descentralizar tarefas.

  • Realizar intercambios internacionais entre empresas.

  • Fixar tarifas con independencia do mercado.

Clasificación das multinacionais

  • Integradas horizontalmente: mesmo produto en países diferentes.

  • Integradas verticalmente: bens intermedios nuns países, produción final noutros.

  • Corporacións diversificadas: diferentes bens en distintos países.

  • Cartel: acordo entre empresas do mesmo sector para eliminar a competencia.

  • Trust: conxunto de empresas baixo a mesma dirección para controlar as vendas e a comercialización.

  • Holding: compañía ou sociedade que controla varias empresas, participando no seu capital e controlando as accións.

División da Terra segundo criterios económicos

  • Primeiro Mundo ou Norte: 20 % da poboación e 80 % da riqueza.

  • Terceiro Mundo ou Sur: 80 % da poboación e 20 % da riqueza.

Repartición inxusta: o benestar do Norte crea miseria no Sur.

Causas do desigual acceso ao desenvolvemento

  • Desigual crecemento da poboación:

    • Alta natalidade nos países pobres.

    • Desequilibrios mundo urbano /mundo rural.

    • Desigualdade home / muller.

    • Escravitude e emigración.

  • Desequilibrio económico:

    • Inxusta distribución da riqueza.

    • Malnutrición.

    • Recursos enerxéticos e mineiros: países desenvolvidos.

    • Débeda externa.

    • Desiguais intercambios comerciais.

  • Conflitos xeopolíticos: nos países pobres.

  • Dependencia tecnolóxica: dos países pobres.

  • Problemas ambientais:

    • Acceso á auga potable: difícil nos países pobres.

    • Cambio climático: desertización, perda de biodiversidade.

  • Difícil acceso á sanidade: doenzas e fames deciman os países pobres.

  • Difícil acceso á educación: o 98 % do analfabetismo concéntrase nos países subdesenvolvidos.

Mundialización e desenvolvemento

  • Mundialización = desequilibrio entre:

    • Países desenvolvidos: centro.

    • Países subdesenvolvidos: periferia.

  • Países subdesenvolvidos: atraso económico e baixo nivel de vida:

    • Economías precarias, baseadas sobre todo no sector primario: subsectores agrícolas, explotación forestal, extracción mineira.

    • Posúen as materias primas, que se transforman no estranxeiro.

    • Necesitan importar.

    • Dependencia industrial, tecnolóxica e financeira dos países subdesenvolvidos respecto dos países ricos.

    • Endebedamento progresivo.

    • Son países dominados.

  • Países desenvolvidos:

    • Explotan os recursos dos países pobres.

    • Aproveitan e transforman as riquezas dos países pobres.

    • Fixan os prezos das materias primas dos países subdesenvolvidos.

    • Conceden préstamos aos países pobres.

    • Incrementan os negocios tolerando e negociando con réximes ditatoriais de moitos países subdesenvolvidos.

    • Actúan como países dominantes.

Indicadores de desenvolvemento

  • Produto interior bruto (PIB) = Consumo + investimentos + gasto público + exportacións + importacións

  • Renda per cápita: PIB dividido entre o número de habitantes dun país. Hai países:

    • Desenvolvidos economicamente.

    • En vías de desenvolvemento.

    • Subdesenvolvidos.

  • Índice de desenvolvemento humano (IDH). Factores considerados:

    • Vida longa e saudable.

    • Educación.

    • Nivel de vida digno. Hai países con: IDH alto, medio e baixo.

A pegada ecolóxica

  • Indicador que determina a área bioloxicamente produtiva necesaria para:

    • Xerar os recursos que consome unha persoa.

    • Absorber os refugallos que xera.

  • En reparto equitativo, a cada persoa corresponderían 1,8 hectáreas.

  • Media mundial: 2,23 hectáreas.

Estratexia dos tres erres

Ante a cantidade de residuos sólidos urbanos (RSU): 1 kg por persoa e día, convén readaptar, reutilizar e reciclar para reducir refugallos.

Organismos internacionais

A globalización económica creou institucións supranacionais para adoptar medidas: Banco Mundial (BM), Fondo Monetario Internacional (FMI), G7, G8, Organización Mundial do Comercio (OMC), Organización de Cooperación e Desenvolvemento do Comercio (OCDE).

Movementos antiglobalización

Son movementos internacionais nados a finais do século XX. Critican a globalización e o pensamento único.

  • Foro Económico Mundial. Para contribuír a resolver os problemas do noso tempo.

  • Foro Social Mundial. Altermundismo ou alterglobalización.

Os movementos antiglobalización critican:

  • O libre comercio.

  • A mercantilización da sociedade.

  • As grandes institucións financeiras.

  • As multinacionais.

  • A banca.

Posibles solucións

  • Desenvolvemento global:

    • Nova orde económica.

    • Creación de organismos globais democráticos para redistribuír a riqueza.

    • Cesión de competencias, por parte dos organismos estatais, rexionais e supranacionais, a organismos mundiais e locais.

    • Condonación da débeda externa.

    • Libre circulación de persoas.

    • Control das multinacionais.

    • Máis importancia ao IDH.

  • Desenvolvemento sustentable: é a xestión responsable dos recursos do planeta que salvagarde as necesidades da poboación actual e da poboación futura. O camiño para o desenvolvemento sustentable:

    • Consumir os recursos renovables a ritmo máis lento cá súa taxa de renovación.

    • Consumir recursos non renovables en proporción que non exceda o da súa substitución por recursos renovables.

    • Verter ao medio natural só os residuos absorbibles polos ecosistemas.

    • Manter a biodiversidade do patrimonio xenético dos ecosistemas.

  • Protocolo de Kioto: acordo mundial para tentar reducir un 5% a emisión á atmosfera de gases contaminantes. Segundo a ONU, é imparable o cambio climático se non se reducen as emisións de gases como o CO2.

  • Microcréditos: pequenos préstamos, con xuros baixos, para financiar proxectos laborais dos máis pobres.

  • Comercio xusto. Promóveno algunhas ONG, con valores alternativos ao capitalismo:

    • Transparencia.

    • Condicións laborais éticas e eficaces.

    • Igualdade de oportunidades no emprego.

    • Respecto á persoa e ao seu contorno.

Medios de comunicación: cuarto poder

  • Os medios de comunicación crearon un espazo xeográfico mundial. Reduciron os espazos físicos e temporais.

  • Chámanse cuarto poder pola influencia que poden exercer sobre a sociedade.

  • Os medios de comunicación tenden á globalización e esta ao pensamento único.

  • Multimedia: utilizan texto, son, imaxe, animación e vídeo.

  • Os grupos empresariais poderosos tentan dominar os medios de comunicación. As redes de información autodenominadas independentes critican a monopolización dos medios.

Linguaxe da publicidade

  • Chega a cambiar as modas, os valores sociais, e o comportamento das persoas.

  • Desenvólvese nos máis variados medios e soportes.

  • Os anuncios combinan texto e imaxe, para:

    • Captar a atención.

    • Conmover ou emocionar.

    • Convencer.

Comunicacións, información e mobilidade

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) definen a terceira revolución industrial, que propicia cambios importantísimos:

  • Redución dos custos de produción e distribución.

  • Aparición das multinacionais.

  • Automatización industrial.

  • Persoal cualificado.

  • Intervención na economía de distintos países simultaneamente.

  • Resultado desta revolución: aldea global.

Investimento I + D + i

Para Tapani Esko:

  • Investigación: investir diñeiro para obter coñecemento.

  • Innovación: investir coñecemento para obter diñeiro.

  • I+D+i: investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.

  • Os países tentan potenciar o I + D + i, porque mellora a calidade de vida dos cidadáns e das cidadás, o medio natural e a saúde.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0