Ruta matemática por Galicia
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 9- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como obxectivo a aprendizaxe de distintas magnitudes -lonxitude, capacidade, masa, superficie, tempo, ángulos e volume- e as súas unidades, nun contexto real: a organización dunha viaxe dentro da realidade máis próxima ao alumnado.