Batalla de concellos!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
O recurso está deseñado para traballar co alumnado o emprego e creación de diferentes tipos de textos non literarios. Partiremos do contorno máis inmediato, a localidade onde vive, para, a partir dese eixe, analizar información e crear os seus propios textos.