Marcando páxinas
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe ten coma temo os contos e introduce ao alumnado na diversidade e riqueza das linguas, as bases da gramática (categorías de palabras, substantivo, xénero e número, ditongos e hiatos, acentuación, prefixos e sufixos) e na creación colaborativa de contidos textuais en formato dixital, desenvolvendo simultaneamente competencias lingüísticas, tecnolóxicas e creativas.
Coma reto terán que crear un marcapáxinas con luz propia baseada nun dos contos da biblioteca elixido por eles mesmos, que servirá de elemento chave para o fomento da lectura dentro do centro escolar. Tratarase dun traballo en pequenos grupos, o que lles permitirá desenvolver habilidades sociais.