O gran libro das emocións
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe parte da investigación de lendas locais ou historias familiares e cada nena e neno recollerá unha vivencia emocional que servirá como punto de partida para a creación dunha historia propia en pequenos grupos.Este recurso está deseñado para que o alumnado explore e exprese emocións a través da narración oral e escrita en lingua galega.
Cada grupo escollerá unha emoción como fío condutor e elaborará un relato que formará parte dun libro colectivo: “O gran libro das emocións”.