Compras con estrategia
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 9 -dun total de 9- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.
Ao longo da situación de aprendizaxe, o alumnado coñecerá como analizar os gastos familiares a través dunha sondaxe. No proceso, traballará con datos dos fogares galegos e nacionais obtidos do IGE e do INE, e aprenderá a facer simulacións con experimentos.
O reto proposto consiste na elaboración dun informe estatístico a partir de datos recollidos nunha sondaxe, que facilitará a reflexión e a realización de propostas para optimizar os gastos.