Batalla de concellos!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 8- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria.
O recurso está deseñado para traballar co alumnado o emprego e creación de diferentes tipos de textos non literarios. Partiremos do entorno máis inmediato, a localidade onde vive, para a partir dese eixo analizar información e crear os seus propios textos.
A proposta do reto fomentará a creatividade e consitirá en que os nenos e as nenas creen o seu propio concello imaxinario, que deberá conter aqueles elementos e instalacións que consideren de importancia.