Unha viaxe inesperada

Visto: 0 veces
2025-09-06

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 4-   elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 6º de Educación Primaria. 
Esta situación de aprendizaxe aborda contidos relacionados con bailes, danzas e xogos tradicionais de Galicia, España e do mundo.

A nosa "Cooperation League"

Visto: 0 veces
2025-09-06

"Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 4-  elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 6º de Educación Primaria. 
Esta situación de aprendizaxe ten por obxectivo que o alumnado aprenda contidos relacionados cos deportes (atletismo, floorball e balonmán) baixo un enfoque baseado no modelo de educación deportiva de Daryl Siedentop.

Contornas diferentes, deportistas referentes

Visto: 0 veces
2025-09-05

"Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4  -dun total de 4-  elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 6º de Educación Primaria. 
Esta situación de aprendizaxe aborda contidos de educación viaria, deporte adaptado e actividades no medio natural, e faise a través da presentación da vida de Álex, un home en cadeira de rodas que practica deporte adaptado e que propón un reto: darlle visibilidade a persoas que practican deportes paralímpicos coma el.

O noso lugar no mundo

Visto: 0 veces
2025-09-05

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 4-  elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Ciencias Sociais de 6º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida no REA “O noso lugar no mundo” propón ao alumnado unha aventura espacial, cos obxectivos de a orixe do Universo, o inicio da vida no planeta Terra e o futuro que lles agarda como parte dunha sociedade responsable do seu coidado. 

O alumnado terá que realizar un reto final, unha liña do tempo, para o que poderá elixir diferentes formatos. 

A aventura do compás máxico

Visto: 0 veces
2025-09-05

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 4- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Ciencias Sociais de 6º de Educación Primaria.

Esta situación de aprendizaxe convida ao alumnado a vivir unha aventura educativa  de viaxe no tempo, centrada no coñecemento das zonas climáticas, ecosistemas, paisaxes, e o impacto humano no medio ambiente.

O reto final consiste na creación e presentación dun ""minimundo"" sostible onde o ser humano actúe de maneira reflexiva e ecolóxica, en tres ámbitos fauna, flora e medios de transporte.

Superheroes da democracia

Visto: 0 veces
2025-09-05

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 4-  elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Ciencias Sociais de 6º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida traballa co alumnado a importancia de coñecer o papel que desempeñan os superheroes da democracia, todos os cidadáns e cidadás, na sociedade. Así traballaranse os contidos relacionados con aprender sobre os seus dereitos e os seus deberes, fomentar a participación cidadá e xerar un sentido crítico sobre a importancia de vivir nunha democracia.

A chave do tempo

Visto: 0 veces
2025-09-05

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 4-  elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Ciencias Sociais de 6º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida propón unha viaxe didáctica a través da historia e acompañando a Breogán, o protagonista desta aventura, nun percorrido polos principais acontecementos históricos dende a Revolución Francesa ata a actualidade.

O reto final consiste en que alumnado creará unha liña temporal sobre os feitos históricos máis relevantes estudados. 

Este cole é un teatro

Visto: 0 veces
2025-09-01
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 3- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Música e Danza de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe está relacionada cos contidos da música dramática, tanto desde o aspecto puramente musical, como desde unha perspectiva estrutural dun teatro e as principais profesións asociadas a calquera representación teatral. Logo de repasar a clasificación das voces preséntanse a ópera, a zarzuela e o musical así como as profesións ligadas á música escénica.

O patio en festa

Visto: 0 veces
2025-09-01

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 3- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Música e Danza de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe está relacionada cos contidos da música latinoamericana, en concreto cos ritmos latinos que máis se escoitan nas festas galegas. 

Anda o tempo revolto

Visto: 0 veces
2025-09-01

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 3- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Música e Danza de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe está relacionada coa aparición dun conto perdido e motívase o discente para que sexa quen de darlle orde e coñecer así as diferentes épocas da historia da música. O alumnado cantará, tocará, bailará, escoitará, seguirá un musicograma e coñecerá as características da música dende a Idade Media ata o S. XX. pasando polo Renacemento, o Barroco, o Clasicismo e o Romanticismo.