Abriendo puertas

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.

O recurso está deseñado tendo como finalidade desenvolver a capacidades de comprensión e expresión oral e escrita a través da abordaxe de diferentes tipos de textos. Para iso emprégase como fío condutor da situación de aprendizaxe unha viaxe imaxinaria a un lugar que o propio alumnado irá deseñando.

¡Asómbrate!

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.

O recurso está deseñado tendo como finalidade facilitar a adquisición de estratexias de comprensión e expresión empregando a tipoloxía textual dos contos e as novelas.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a creación dun conto e a representación do mesmo coa técnica do teatro de sombras.

Poemas en el tejado

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.

O reto que se expón está dirixido á aprendizaxe da Poesía. Todo iso desde un enfoque inclusivo, favorecendo a igualdade de xénero, necesidades propias do século XXI, para o que se utilizarán diversidade de recursos lingüísticos-literarios.

cREAndo criaturas

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.

O recurso está deseñado tendo como finalidade desenvolver a capacidades de comprensión e expresión oral e escrita a través da abordaxe de diferentes tipos de textos.

Na situación de aprendizaxe emprégase como fío condutor a mitoloxía grega, que irá encamiñando ao alumando na consecución do reto: unha baralla mitolóxica. En cada carta recollerase o nome, descrición e un mito relacionado coa criatura que nela exponse.

Pero ¡qué animal!

Visto: 0 veces
2025-08-28

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.

O recurso axudará ao alumnado a crear conciencia sobre o benestar e os dereitos dos animais, así como os dereitos e deberes das persoas coidadoras.

¡No te lo vas a creer!

Visto: 0 veces
2025-08-27

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 9 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Lingua Castelá e Literatura de 6º de Educación Primaria.

Dentro da situación de aprendizaxe proposta, o alumnado deberá redactar e gravar unha noticia en formato de telexornal. Durante este proceso, explorarán distintos tipos de noticias, medios de comunicacións e a súa evolución no tempo, repasarán as categorías gramaticais engadindo as palabras invariables. Ademais, traballarán coas palabras compostas e a súa ortografía.

Que non che conten contos!

Visto: 0 veces
2025-08-27

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Ciencias da Natureza de 6º de Educación Primaria.

Este REA ten como finalidade traballar a función de reprodución. Partirá da imaxe que temos dos demais e da nosa propia para logo desmontar mitos sobre a educación sexual e estudar a anatomía e a fisioloxía dos aparellos implicados; finalmente rematará con indicacións e consellos para coidar a saúde sexual.