Orquestra de cARTón - ODE 4: "Son por un tubo"

Visto: 0 veces
2025-09-12

Proxecto nado a prol de realizar unha aproximación real entre o alumnado que cursa esta última etapa de educación primaria e a organoloxía propia da orquestra sinfónica, recoñecendo así as familias de instrumentos que compoñen esta formación. Para logralo empregarase unha metodoloxía activa baseada na experimentación, onde a sostenibilidade será o leimotiv recorrente nas diferentes secuencias.

Orquestra de cARTón - ODE 3: "Frauta de cartón"

Visto: 0 veces
2025-09-12

Proxecto nado a prol de realizar unha aproximación real entre o alumnado que cursa esta última etapa de educación primaria e a organoloxía propia da orquestra sinfónica, recoñecendo así as familias de instrumentos que compoñen esta formación. Para logralo empregarase unha metodoloxía activa baseada na experimentación, onde a sostenibilidade será o leimotiv recorrente nas diferentes secuencias.

Orquestra de cARTón - ODE 2: "Son de cores"

Visto: 0 veces
2025-09-10

Proxecto nado a prol de realizar unha aproximación real entre o alumnado que cursa esta última etapa de educación primaria e a organoloxía propia da orquestra sinfónica, recoñecendo así as familias de instrumentos que compoñen esta formación. Para logralo empregarase unha metodoloxía activa baseada na experimentación, onde a sostenibilidade será o leimotiv recorrente nas diferentes secuencias.

Orquestra de cARTón - ODE 1: "Música no prato"

Visto: 0 veces
2025-09-10

Proxecto nado a prol de realizar unha aproximación real entre o alumnado que cursa esta última etapa de educación primaria e a organoloxía propia da orquestra sinfónica, recoñecendo así as familias de instrumentos que compoñen esta formación. Para logralo empregarase unha metodoloxía activa baseada na experimentación, onde a sostenibilidade será o leimotiv recorrente nas diferentes secuencias.

Ampliando a mirada: dando luz ao invisible

Visto: 0 veces
2025-09-08

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Educación Plástica e Visual de 6º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como eixo condutor a Georgia O'Keeffe. No recurso emprégase a fotografía coma ferramenta para o coñecemento e para dar visibilidade á artista.

Cinema con conciencia

Visto: 0 veces
2025-09-08

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Educación Plástica e Visual de 6º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida propón unha experiencia de aprendizaxe interdisciplinar que fusiona debuxo, cinema e música, para crear curtametraxes de animación. O REA céntrase en visibilizar e valorar o papel das mulleres na historia da arte, especialmente na música e o cinema.

A cidade suspendida

Visto: 0 veces
2025-09-08

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Educación Plástica e Visual de 6º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida propón unha experiencia creativa onde a arte e a xeometría se combinan para dar lugar a unha instalación artística única: unha cidade suspendida deseñada polo alumnado.

Un plan perfecto

Visto: 0 veces
2025-09-06

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Educación Física  de 6º de Educación Primaria.

Situación de aprendizaxe  que traballa e promociona contidos relacionados cos hábitos saudables (alimentación, hixiene, descanso, actividade física, benestar físico, mental e social) e primeiros auxilios (PAS e PLS), a través de diferentes probas coa axuda do superheroe Ben Star.

Unha viaxe inesperada

Visto: 0 veces
2025-09-06

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Educación Física  de 6º de Educación Primaria.

 Esta situación de aprendizaxe aborda contidos relacionados con bailes, danzas e xogos tradicionais de Galicia, España e o mundo.
A proposta é  que o alumnado traballe a través da multiculturalidade das aulas como un punto de conexión cos contidos e  proponse como reto final organizar unha xornada multicultural onde se expoña información, curiosidades, xogos e danzas das diferentes nacionalidades que existen no centro educativo.

A nosa "Cooperation League"

Visto: 0 veces
2025-09-06

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3  elaborado no proxecto cREAgal para a área de Educación Física  de 6º de Educación Primaria.

Situación de aprendizaxe da área de Educación Física en 6º de primaria, que ten por obxectivo que o alumnado aprenda contidos relacionados cos deportes (atletismo, floorball e balonmán) baixo un enfoque baseado no modelo de educación deportiva de Daryl Siedentop.