Glosario
Cidadanía
-
Definición:
-
Criterio básico na organización social da sociedade da antiga Grecia. Eran aqueles que gozaban dunha serie de vantaxes, dereitos políticos, xurídicos, sociais, militares e demais, que os diferenciaba dos non cidadáns, como os metecos, os escravos e as mulleres, que carecían de todo dereito.
-
Exemplo:
-
Aspasia, que foi unha destacada filósofa e cunha grande influencia en Pericles, non tiña a cidadanía ateniense
Hetairas
-
Definición:
-
Termo grego (hetaira, "compañeira") que designaba a un tipo de muller independente e de grande cultura e posición social distinguida que participaba regularmente nos banquetes e nas festas privadas.
-
Exemplo:
-
Aspasia de Mileto foi unha hetaira moi influente na época de Pericles.
Hoplitas
-
Definición:
-
Soldados que desde o inicio das polis, formaban un exército organizado. Eran cidadáns que debían achegar as súas propias armas. A súa forza baseábase no traballo cooperativo, grazas ao uso do seu escudo característico, e á súa táctica de defensa mutua. Representaban á súa polis, e non a persoas concretas (oligarcas).
-
Exemplo:
-
O exército hoplita grego derrotou aos persas na batalla Maratón no 590 a. C.
Meteco
-
Definición:
-
Grupo social da antiga Grecia formado por aquelas persoas que naceran fóra da polis. En Esparta recibían o nome de periecos. Os metecos non eran considerados cidadáns, non tiñan os mesmos dereitos nin as mesmas obrigas. Non podían posuír terras nin ter cargos públicos.
-
Exemplo:
-
Na Grecia Antiga os metecos eran comerciantes e artesáns





