Saltar navegación

4.4. Está todo listo?

Crear un cartel

O cartel é un anuncio impreso ou en formato dixital para atraer a atención do público. 

Todos os museos do mundo promocionan as súas exposicións para que posibles visitantes coñezan os seus fondos permanentes ou temporais. Vós tamén tendes que facelo.  

Facer o cartel

Como expertos e expertas en márketing publicitario, o obxectivo fundamental é despertar o interese cunha imaxe e unha mensaxe que chame moito a atención.  

De aí a necesidade dunhas regras básicas:

- Título e subtítulo. Pensade en algo atractivo... todos os grandes museos o fan!

- Corpo. Pode ser unha imaxe ou un texto para mostrar a información sobre o que promocionamos.

- Slogan. Para reforzar o que publicitamos. 

- Logotipo dos/das que anuncian. Pode ser o logo do centro e o da Consellaría de Educación.

Lembrade que tedes que coñecer ben o que promocionades, mais tamén ao público que visitará a exposición! É fundamental que sexades orixinais.

Rúbrica para avaliar un cartel

Rúbrica para avaliar un cartel (4x4)
 ExcelenteSatisfactorioMellorableInsuficiente
ContidoPertinente, dando detalles de calidade que proporcionan información que vai máis aló do obvio e predicible. (2.5)Os detalles de apoio e a información están relacionados, pero un aspecto clave está sen apoio. (1.75)Os detalles de apoio e a información están relacionados, mais varios aspectos claves están sen apoio. (1.50)Os detalles de apoio e a información non están claros ou non están relacionados ao tema. (1.25)
Linguaxe iconográficoTodas as imaxes apoian e representan totalmente a mensaxe e teñen as dimensións necesarias de acordo ao cartel. (2.5)Algunhas imaxes apoian e representan a mensaxe e teñen as dimensións necesarias de acordo ao cartel. (1.75) Algunhas imaxes non son claras e ben proporcionadas e non serven de apoio á mensaxe. (1.50)As imaxes non teñen as dimensións necesarias, son desproporcionadas, pouco claras e non sustentan apoio coa mensaxe. (1.25)
Organización da informaciónA información está moi ben organizada e ten unha orde detallada e fácil de ler. (2.5)A información está ben organizada e facilita a lectura do cartel. (1.75)Organízase a información pero non é fácil a lectura do cartel. (1.50)A información está en desorde e a súa lectura non é fácil. (1.25)
FormatoO formato é visiblemente atractivo e de acordo ás dimensións necesarias. (2.5)O formato é adecuado ás dimensións indicadas e rechamante. (1.75)O formato non é adecuado ás dimensións indicadas, aínda que é rechamante. (1.50)O formato non se adecua ás dimensións indicadas, carece de cores adecuadas e non é atractivo visualmente. (1.25)

Traducida e adaptada do CEDEC. Rúbrica para avaliar un cartel (4x4) (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Valorade o voso cartel

Xa vistes que para crear un mural para a vosa aula, e seguir as pistas de Kleptis, é moi importante organizarse e colaborar. 

Agora que seguistes uns pasos previos para crear este cartel, o ideal é facerdes unha comprobación para ver se esquecestes algo.

A continuación poderedes empregar unha lista de cotexo para facer esa comprobación.

Prestade atención!  

Lista de cotexo en formato imprimible (.PDF)

Lectura facilitada

Para crear un mural para a vosa aula

e seguir as pistas de Kleptis,

é moi importante organizarse e colaborar. 

Agora que seguistes uns pasos previos para crear este cartel,

comprobade para ver se esquecestes algo.

Esta revisión é clave para posibles reaxustes,

e para ter todo planificado no momento da gravación do vídeo.

Poderedes empregar unha lista de cotexo para facer esa comprobación.

Prestade atención!  

Feito con eXeLearning (Nova xanela)