Saltar navegación

5.2. Traballo individual e en equipo!

Rúbrica de coavaliación

Bótalle un ollo a esta rúbrica para reflexionares e valorares o funcionamento do teu grupo.

Analizamos o traballo en equipo
 Foi excelente porque...Fixémolo ben porque...Custounos un pouco porque...Debemos mellorar porque...
Na participación e colaboraciónTodos as persoas do equipo participamos activamente e colaboramos axudando a outras. (2)Todos as persoas do equipo participamos activamente, pero non axudamos a outras porque nos centramos no noso traballo. (1.5)A metade dos membros do equipo participaron activamente. (1)Só traballou un membro do equipo e as outras persoas integrantes do grupo non colaboraron nin axudaron. (0.5)
O clima de traballoFoi motivador e respectuoso, sen conflitos dentro do grupo. (2)Foi agradable, aínda que existiron pequenos conflitos que se resolveron inmediatamente. (1.5)Foi pouco motivador porque houbo conflitos frecuentes que afectaban ao traballo e que se solventaron con axuda. (1)Foi conflitivo porque houbo moitos problemas que afectaron ao traballo. (0.5)
Na posta en común de ideasTodas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas. Respectáronse as opinións e argumentouse o rexeitamento de propostas. (2)Todas as persoas do grupo fixemos achegas para completar as tarefas, pero algunhas das propostas rexeitáronse sen razoamento. (1.5)A metade do grupo achegou ideas e propuxo ideas e solucións para acadar as tarefas. (1)Só un membro do equipo achegou ideas, o resto das persoas non levou propostas ao debate. (0.5)
Para o seguimento do traballoFixemos debates e analizamos os resultados do traballo para recoller propostas de mellora. (2)Analizamos os resultados do traballo, e debatemos os resultados, mais non houbo propostas de mellora. (1.5)Analizamos os resultados do traballo, pero sen debates nin propostas de mellora. (1)Non fixemos a valoración do traballo nin debatemos os resultados. (0.5)
A autonomíaFoi plena, xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda, incluso axudamos a outros grupos a organizarse. (2)Foi adecuada, xa que organizamos o funcionamento do grupo sen axuda. (1.5)Foi moderada, xa que tivemos que solicitar axuda para organizar o traballo ao inicio, mais logo o equipo traballou con autonomía. (1)Foi escasa, xa que solicitamos axuda en varias ocasións para organizar o traballo. (0.5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Analizamos o traballo en equipo (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

A miña participación

Bótalle un ollo a esta rúbrica para reflexionares e valorares o funcionamento do teu grupo.

Valoro a miña participación no reto.
 Foime xenial porque...Fíxeno ben porque...Custoume un pouco porque...Debo mellorar porque...
Na comprensión do proxectoEntendín todos os pasos para conseguir o reto final e o seu propósito. (2)Souben o que tiña que facer no reto aínda que non entendín o seu propósito. (1.5)Necesitei axuda para entender o reto e os pasos para acadalo. (1)Aínda que solicitei axuda, non entendín as partes do reto. (0.5)
No traballo en equipoIntegreime ben no grupo, axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. Amosei moita iniciativa e fun parte importante do equipo. (2)Integreime ben no grupo, axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. Acheguei poucas propostas, pero apoiei as propostas das demais persoas. (1.5)Tiven dificultades para traballar en equipo. Non colaborei co resto do grupo. (1)Non logrei integrarme ben no grupo e rexeitei o traballo. (0.5)
No traballo individualRealicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (2)Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e fíxenas correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo. (1.5)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (1)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesar de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0.5)
Nas sesións conxuntasParticipei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. Axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. (2)Participei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. (1.5)Participei nas tarefas, mais non me esforcei o necesario e algunhas saíron mal. Debería implicarme máis. (1)A pesar de participar nalgunhas actividades, frustreime moito e desistín en realizar ou intentar todas as tarefas. Debería esforzarme moito máis. (0.5)
Na superación do retoTraballei co meu equipo para superar o reto, tamén axudei a outros equipos. (2)Colaborei na consecución do reto. (1.5)A miña participación para superar o reto foi baixa, os meus compañeiros e as miñas compañeiras tiveron que axudarme moito. (1)Non participei na preparación do reto, deixei que as miñas compañeiras e os meus compañeiros fixeran todo o traballo. (0.5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Valoro a miña participación no reto. (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Feito con eXeLearning (Nova xanela)