Glosario
Civilización
-
Definición:
-
Do latin civis (cidadán) e civitas (cidade). Concepto empregado para referirse ao conxunto de costumes, institucións, goberno e cultura propias dun grupo humano que acadaron certa complexidade nas súas formas de organización.
-
Exemplo:
-
O mundo da antiga Grecia e Roma son a base da civilización europea actual.
Colonia
-
Definición:
-
Territorio onde se estableceron habitantes procedentes da Hélade. Na historia grega a fundación de colonias ten que ver con procesos de emigración, e non de conquista. Foron habituais na área mediterránea entre os séculos VIII e VI a. C.
-
Exemplo:
-
Emporion (a actual Ampurias, en Xirona) foi unha colonia grega.
Imperio
-
Definición:
-
Entidade política de grande extensión que agrupa un conxunto de territorios diferentes conquistados por unha autoridade única.
-
Exemplo:
-
O Imperio de Alexandre Magno chegou ata a actual India.
Magna Grecia
-
Definición:
-
Territorio ao sur da Península Itálica no que se estableceron numerosas colonias gregas. Destaca pola riqueza da súa agricultura e ser un importante enclave comercial no Mediterráneo. Desde a Magna Grecia estendeuse a influencia da cultura grega sobre a nacente civilización romana que acabará conquistando este territorio no século I a. C.
-
Exemplo:
-
Tarento, Síbaris e Cumas foron colonias situadas na Magna Grecia.
Metrópole
-
Definición:
-
A partir do século VIII na Grecia Antiga a metrópole era cada unha das polis das que partirán cidadáns (oikistés) para fundar novas cidades na costa mediterránea. De cada metrópole podían depender varias colonias que aínda que eran independentes tiñan normalmente relacións preferentes coa súa metrópole.
-
Exemplo:
-
Corinto foi a metrópole de colonias como Siracusa e Córcira.
Peloponeso
-
Definición:
-
Península do sur da Grecia continental, rodeada polo mar Xónico ao oeste a o mar Exeo ao leste, cun territorio fundamentalmente montañoso clave na historia e a cultura da antiga Grecia, con polis coma Olimpia, Micenas ou Esparta.
-
Exemplo:
-
Atenas e Esparta enfrontáronse na Guerra do Peloponeso.



