Glosario
Antropomorfismo
-
Definición:
-
De anthrōpos (“home”), e morfē ("forma”). Atribución de características humanas a obxectos, animais ou forzas da natureza. Representación dos deuses e deusas gregos con trazos humanos.
-
Exemplo:
-
As divindades da antiga Grecia adoptaban trazos humanos, é dicir, o antropomorfismo.
Mitoloxía
-
Definición:
-
Conxunto de lendas e mitos que eran comúns as diferentes polis na Grecia Antiga. Estes relatos servían como explicación de fenómenos da natureza ou do pasado histórico, con fins pedagóxicos ou mesmo como crenzas relixiosas. Tamén como tema de representacións artísticas de todo tipo e vínculo cultural na cultura grega.
-
Exemplo:
-
Segundo a mitoloxía grega, Zeus era o deus máis poderoso entre os 12 deuses do Olimpo.
Olimpíadas
-
Definición:
-
Competición atlética e cultural que se celebraban cada catro anos no santuario de Olimpia, no Peloponeso, na honra de Zeus. Os primeiros xogos da Antigüidade celebráronse no 776 a. C. cunha única proba de velocidade. Nel participaban atletas de todas as polis.
-
Exemplo:
-
As primeiras Olimpíadas da era moderna celebráronse en Atenas en 1896.
Oráculos
-
Definición:
-
Termo procedente do latín. De orare (“falar”) e o sufixo –culum (“instrumento ou medio”). Lugar sagrado ao que os antigos gregos acudían para consultar aos deuses sobre temas relevantes. Facíano a través dun intérprete, coma a Pitia.
-
Exemplo:
-
O Oráculo máis famoso da Antiga Grecia era o de Delfos no monte Parnaso.
Politeísta
-
Definición:
-
Crenza en varios deuses. Palabra procedente do antigo grego, formada polos termos poli (“moitos”) e theos (“deus”).
-
Exemplo:
-
Os exipcios, gregos e romanos eran politeístas.



