Saltar navegación

1.4. Un ladrón anda solto

Como o faredes?

Lembras a estraña nota que apareceu no canto das pezas roubadas? 

Fíxate ben na sinatura e na despedida que aparece ao final da mensaxe. Ves algo estraño? Que che suxiren eses enigmáticos signos? Aquí está a clave para comezarmos co noso reto. Pero... seremos quen de interpretala correctamente?

Para acadar este reto deberás seguir os seguintes pasos (preme na imaxe para ampliala):

Pasos a seguir para acadar o reto

Lectura facilitada

Como o faredes?

Lembras a estraña nota que apareceu no canto das pezas roubadas? 

Fíxate ben na sinatura.

Fíxate ben na despedida que aparece ao final da mensaxe.

Ves algo estraño?

Que che suxiren eses enigmáticos signos?

Aquí está a clave para comezarmos co noso reto.

Seremos quen de interpretala correctamente?

Para acadar este reto deberás seguir os seguintes pasos:

  1. Descifrade a mensaxe de Kleptis.
  2. Mergulládevos no mundo da Grecia Antiga.
  3. Interpretade as pistas de Kleptis!
  4. Identificade as obras roubadas e resolvede o misterio.
  5. Seleccionade unha peza e gravade un vídeo curto para promocionala.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)