O noso reto
Alarma! Onde estarán as obras roubadas? Estarán nas mans de traficantes?
Unha vella coñecida nosa, Elba, ten participado en numerosas escavacións arqueolóxicas en Grecia.
En canto coñece a noticia, sabe que non hai tempo que perder. Toda axuda é pouca para recuperar as pezas, mais para iso vai precisar da vosa axuda.
Vai ser preciso:
- Interpretar as pistas.
- Localizar as obras de arte coas que se corresponden.
Cando resolvades o reto, conseguiredes coa axuda do voso profesor ou profesora unha copia impresa das obras roubadas.
Con elas podedes decorar a vosa aula. Xa só queda que coa vosa creatividade saibades dalas a coñecer a toda a comunidade educativa: que tal un vídeo?
Para resolver este reto vai ser moi importante refrescar os nosos coñecementos sobre a Antiga Grecia e aprender novas cousas que nos axuden a identificar a fonda pegada do mundo grego na nosa cultura.
Veredes que, coma sempre, a colaboración entre todos e todas vai ser fundamental para resolver o reto.
Comecemos!!
Lectura facilitada
Alarma!
Onde estarán as obras roubadas?
Estarán nas mans de traficantes?
Unha vella coñecida nosa, Elba, ten participado en numerosas escavacións arqueolóxicas en Grecia.
En canto coñece a noticia, sabe que non hai tempo que perder.
Toda axuda é pouca para recuperar as pezas.
Porén, para iso vai precisar da vosa axuda.
Vai ser preciso:
Interpretar as pistas.
Localizar as obras de arte coas que se corresponden.
Cando resolvades o reto:
Conseguiredes coa axuda do voso profesor ou profesora unha copia impresa das obras roubadas.
Con elas podedes decorar a vosa aula.
Xa só queda que coa vosa creatividade saibades dalas a coñecer a toda a comunidade educativa.
Que tal un vídeo?
Para resolver este reto vai ser moi importante refrescarmos os nosos coñecementos sobre a Antiga Grecia
e aprender novas cousas que nos axuden a identificar a fonda pegada do mundo grego na nosa cultura.
Veredes que, coma sempre, a colaboración entre todos e todas vai ser fundamental para resolver o reto.
Comecemos!