O voso diario

Buscade no voso diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 1 e completade todos os apartados.
Dedica o tempo necesario a reflexionar antes de poñerte a escribir. Expresar por escrito unha idea de xeito coherente non é nada sinxelo, require un esforzo de concentración importante. Tómate o tempo e as autocorreccións que precises.
Nesta fase teremos que ter moi claro o noso reto: seguir e descubrir o que hai detrás dunha serie de pistas sobre diferentes ámbitos da antiga Grecia para que o Museo Arqueolóxico poida montar a súa exposición.
Reflexionade sobre o que acabades de falar e plasmádeo no voso diario. Ter claro o obxectivo que perseguimos é clave para acadar o noso reto.
Lectura facilitada
Buscade no voso diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 1.
Completade todos os apartados.
Dedica o tempo necesario a reflexionar antes de poñerte a escribir.
Expresar por escrito unha idea de xeito coherente non é nada sinxelo,
require un esforzo de concentración importante.
Tómate o tempo e as autocorreccións que precises.
Nesta fase teremos que ter moi claro o noso reto:
Seguir e descubrir o que hai detrás dunha serie de pistas
sobre diferentes ámbitos da antiga Grecia para que o Museo poida montar a súa exposición.
Reflexionade sobre o que acabades de falar.
Plasmádeo no voso diario.
Ter claro o obxectivo que perseguimos é clave para acadar o noso reto.