Glosario
Acrópole
-
Definición:
-
Parte alta das antigas cidades gregas, palabra procedente do grego akro (alto) e polis (cidade). Punto no que se levantaban as construcións máis importantes como os templos, e lugar no que se celebraban os acontecementos máis importantes da cidade. A máis coñecida da antiga Grecia é a de Atenas, mais tamén se construíron na antiga Roma.
-
Exemplo:
-
Na excursión do centro visitaron a Acrópole de Atenas.
Ágora
-
Definición:
-
Do grego agorá (lugar aberto para a reunión), na antiga Grecia era o punto da cidade no que os cidadáns libres se reunían e dialogaban, trataban os asuntos da polis e realizaban actividades comerciais. Polo común estaba rodeada de pórticos con columnas, construcións para as reunións ou baños…
-
Exemplo:
-
Platón e os seus discípulos reuníanse na ágora.
Ciclópeo
-
Definición:
-
Construción a base de grandes pedras sen argamasa, termo procedente da palabra grega kyklṓpeios (“grande”).
-
Exemplo:
-
A Porta das Leoas en Micenas é unha construción ciclópea.
Estadio
-
Definición:
-
Termo procedente do grego stádion. Construción deportiva de grandes dimensións con bancadas para espectadores. Tamén era unha medida de lonxitude.
-
Exemplo:
-
No estadio de Olimpia celebráronse as primeiras olimpíadas.
Ordes
-
Definición:
-
Estilo arquitectónico dos edificios na antiga Grecia baseado nunha serie de normas e proporcións dende a base, pasando pola columna, ata o entaboamento.
As tres ordes gregas clásicas, dórica, xónica e corintia, foron un referente desde a arquitectura romana como ata a actualidade.
-
Exemplo:
-
O Partenón de Atenas é un templo de orde dórica.
Palestra
-
Definición:
-
Zona dos ximnasios dos antigos gregos, e romanos nos que se practicaban diferentes disciplinas deportivas, caso da loita, pero tamén outras tarefas como a música ou a oratoria.
-
Exemplo:
-
Foron visitar a palestra do xacemento de Pompeia.





