Saltar navegación

2. Refresquemos os nosos coñecementos


Colaxe con imaxes gregas

Resolver este reto vai precisar da colaboración de todas e todos vós.

Os vosos coñecementos van ser fundamentais para descifrardes o misterio que hai detrás das mensaxes e do propio Kleptis, e recuperar as pezas roubadas para o Museo. 

Contaremos coa colaboración e a experiencia de Elba como arqueóloga experta no mundo clásico, durante a investigación. 

Neste reto aprenderedes cousas novas sobre a Antiga Grecia. Ademais, se abrides ben os ollos ao mundo que nos rodea, veredes que está cheo de indicios dos nosos antepasados gregos.

Temos tantas pistas arredor de nós! Na política, na filosofía, na arte, na lingua, a música, o deporte, a alimentación, o cine, a moda... alí onde ollemos con atención atoparemos as pegadas do mundo clásico na actualidade.

 Comecemos pois a descifrar a nosa herdanza clásica.

Lectura facilitada

Resolver este reto vai precisar da colaboración de todas e todos vós.

Os vosos coñecementos van ser fundamentais para descifrar o misterio que hai detrás das mensaxes e do propio Kleptis.

E para recuperar as pezas roubadas para o Museo. 

Contaremos coa colaboración e a experiencia de Elba como arqueóloga experta no mundo clásico durante a investigación. 

Neste reto aprenderedes cousas novas sobre a Antiga Grecia.

O mundo que nos rodea está cheo de indicios dos nosos antepasados gregos.

Temos tantas pistas arredor de nós!

Alí onde ollemos con atención atoparemos as pegadas do mundo clásico na actualidade.

Comecemos pois a descifrar a nosa herdanza clásica.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)