Actividade grupal - Que sabedes?
Xa sabedes que o inicio da Historia Antiga vén marcado polo descubrimento da escritura. Grazas a ela vai ser posible deixar unha mensaxe que permaneza e transmita ideas a través de símbolos gravados.
Saberiades identificar os seguintes tipos de escritura e dicir a que civilización pertencen? En que se diferencian os códigos que utiliza cada unha?
Comprobade o que sabedes nas seguintes actividades!
Antes de nada tedes que organizar os grupos.
Para iso, cada un e cada unha de vós deberedes decidir que divindade prefire: Herakles, Atenea, Zeus ou Afrodita. Cada divindade protexerá un grupo! No caso de que varias persoas prefiran un deus ou deusa, concederase o posto por orde de chegada. Os grupos serán de 4 ou 5 integrantes.
Lectura facilitada
Xa sabedes que o inicio da Historia Antiga vén marcado polo descubrimento da escritura.
Grazas á escritura foi posible deixar unha mensaxe que permaneza e transmita ideas a través de símbolos gravados.
Saberiades identificar os seguintes tipos de escritura e dicir a que civilización pertencen?
En que se diferencian os códigos que utiliza cada unha?
Comprobade o que sabedes nas seguintes actividades!
Antes de nada tedes que organizar os grupos.
Para iso, cada un e cada unha de vós deberedes decidir que divindade prefire: Herakles, Atenea, Zeus ou Afrodita.
Cada divindade protexerá un grupo!
No caso de que varias persoas prefiran un deus o unha deusa, concederase o posto por orde de chegada. Os grupos serán de 4 ou 5 integrantes.

