Saltar navegación

4.3 Promocionamos a cultura grega

A difusión

Chegados ao final do noso reto, toca difundir o que aprendestes da antiga Grecia. 

1. Escollede en cada grupo a vosa peza top entre as roubadas por Kleptis.

2. Gravade un vídeo curto no que a presentedes na vosa aula ao resto dos compañeiros e compañeiras. Contade todo o que sabedes da peza escollida e por que é a vosa preferida. Amosade toda a vosa creatividade! Aquí tedes un exemplo.

3. Podedes subilo á web e ás redes sociais do voso centro.

Parabéns polo camiño feito ao longo deste reto!

Asombroso cantas cousas sabiades xa sobre o mundo grego e tamén canto nos queda por aprender.

Lectura facilitada

Chegados ao final do noso reto.

Toca difundir o que aprendestes da antiga Grecia. 

1. Escollede en cada grupo a vosa peza top entre as roubadas por Kleptis.

2. Gravade un vídeo curto.

Presentade a peza escollida na vosa aula ao resto dos compañeiros e compañeiras.

Contade todo o que sabedes da peza escollida.

Por que é a vosa peza preferida. 

Amosade toda a vosa creatividade!

3. Podedes subilo á web e ás redes sociais do voso centro.

Parabéns polo camiño feito ao longo deste reto!

Asombroso cantas cousas sabiades xa sobre o mundo grego.

E canto nos queda por aprender.

Montar un vídeo promocional

No vídeo promocional anunciamos e mostramos o noso produto, unha peza única da Grecia antiga. Querémosllas ensinar ao noso público: os nosos compañeiros e compañeiras, profesorado, familias, amizades e xente da contorna.

"Unha imaxe vale máis que mil palabras", así que o vídeo é o medio ideal para facelo.

Temos que organizarnos:

Rodamos e montamos o vídeo

Como facelo? 

- Planificar con tempo. Decidir que mensaxe queremos transmitir, e que esta sexa clara e detallada. Hai que pensar que é un reto feito polos alumnos/as de 1º da ESO.

- Contar unha historia. Buscade e lograde captar o interese, pero sen repetirvos.

- Pensade no público. Saber a quen vos dirixides e non ser persoas nin moi científicas, nin pouco rigorosas.

- Inspirarvos noutros vídeos. Porén sempre teredes que facer o voso!

- Informarvos en onde se publicitará. En que plataformas sociais, webs ou medios de comunicación, xa que iso condicionará os aspectos técnicos.

- Crear un guión e unha lista de tomas antes de rodar. Aforraredes tempo!

- Facer un vídeo creativo.  Pero pensade: para gustos hai cores!

A rodar!

Rúbrica para avaliar un vídeo

Rúbrica para avaliar un vídeo (4x5)
 ExcelenteSobresalienteBoAceptableBaixo
ContidosO vídeo mostra un coñecemento profundo e preciso do tema, cunha exposición clara e estruturada. (2.5)O vídeo demostra un bo dominio dos contidos, cunha exposición organizada e coherente. (1.75)O vídeo presenta unha comprensión adecuada dos contidos, aínda que algúns aspectos poden resultar pouco claros ou desordenados. (1.50)O vídeo mostra algunhas lagoas na comprensión dos contidos, o que afecta a claridade e organización da exposición. (1.25)O vídeo presenta graves deficiencias no coñecemento e exposición dos contidos. (0.50)
InvestigaciónO vídeo mostra unha investigación exhaustiva, utilizando fontes confiables e variadas, e citando adecuadamente as fontes. (2.5)O vídeo demostra unha investigación sólida, utilizando fontes confiables e citando as fontes correctamente. (1.75)O vídeo presenta unha investigación adecuada, aínda que podería ser máis exhaustiva no uso de fontes confiables e na cita de fontes. (1.50)O vídeo mostra unha investigación limitada, con pouca variedade de fontes e algunhas deficiencias na citación de fontes. (1.25)O vídeo presenta unha investigación insuficiente, con escasa ou nula utilización de fontes confiables e sen citar as fontes correctamente. (0.50)
PresentaciónO vídeo ten unha excelente calidade visual e auditiva, cunha edición e produción profesional. (2.5)O vídeo ten unha boa calidade visual e auditiva, cunha edición e produción adecuada. (1.75)O vídeo presenta unha calidade aceptable en canto ao visual e auditivo, aínda que podería mellorar a edición e produción. (1.50)O vídeo mostra deficiencias na calidade visual e auditiva, cunha edición e produción pouco coidada. (1.25)O vídeo ten unha calidade visual e auditiva moi deficiente, con problemas graves na edición e produción. (0.50)
CreatividadeO vídeo mostra un enfoque orixinal e creativo na presentación dos contidos, utilizando recursos visuais e auditivos de maneira innovadora. (2.5)O vídeo demostra certa orixinalidade e creatividade na presentación dos contidos, utilizando recursos visuais e auditivos de forma efectiva. (1.75)O vídeo presenta algunhas ideas orixinais e creativas na presentación dos contidos, aínda que podería incorporar máis recursos visuais e auditivos de maneira innovadora. (1.50)O vídeo mostra unha falta de orixinalidade e creatividade na presentación dos contidos, con poucos recursos visuais e auditivos. (1.25)Ou vídeo mostra unha falta de orixinalidade e creatividade na presentación dos contidos, con poucos recursos visuais e auditivos. (0.50)

SANTIAGO AVELINO RODRIGUEZ PAREDES. Rúbrica traducida e adaptada da plantexada por RUBRIK de edutekaLab, a partir do modelo de OpenAI e Anthropic. Rúbrica para avaliar un vídeo (4x5) (CC BY-NC)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)