O voso diario

Buscade no voso diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 2 e completade todos os apartados.
Dedica o tempo necesario a reflexionares antes de poñerte a escribir. Expresar por escrito unha idea de xeito coherente non é nada sinxelo, require un esforzo de concentración importante. Utiliza o tempo e as ultracorreccións que precises.
Nesta fase teremos que ter moi claro o noso reto: seguirmos e descubrirmos o que hai detrás dunha serie de pistas sobre diferentes ámbitos da antiga Grecia para que o Museo Arqueolóxico poida montar a súa exposición.
E logo vós poidades decorar a vosa aula, e promocionar as pezas co voso vídeo.
Lectura facilitada
Buscade no voso diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 2.
Completade todos os apartados desa fase 2.
Dedica o tempo necesario a reflexionares antes de poñerte a escribir.
Expresar por escrito unha idea de xeito coherente non é nada sinxelo.
Expresar por escrito unha idea require un esforzo de concentración importante.
Utiliza o tempo e as autocorreccións que precises.
Nesta fase teremos que ter moi claro o noso reto:
Seguirmos e descubrirmos o que hai detrás dunha serie de pistas sobre diferentes ámbitos da antiga Grecia.
Para que o Museo Arqueolóxico poida montar a súa exposición.
E que vós poidades decorar a vosa aula e difundir o noso reto co voso vídeo.
Reflexionade sobre o que acabades de falar.
Plasmádeo no voso diario.
Ter claro o obxectivo que perseguimos é clave para acadarmos o voso reto.