
Unha grande exposición sobre a Grecia Antiga estase a organizar no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas. Grazas a esta iniciativa vanse reunir algunhas das pezas máis coñecidas da arte clásica, que están espalladas por diferentes museos europeos.
Ao fin déronse reunido e regresan a Atenas, onde os e as amantes do mundo clásico poderemos velas xuntas.
Despois de meses de traballo para facelo posible é grande a emoción dos encargados desta exposición, pero... Vaites! Parece que temos un problema...
Esta mañá, a directora do museo, Helena Stamakatis, decatouse de que faltaban algunhas pezas das salas. Un roubo no museo!
No canto das obras temos esta misteriosa e encriptada mensaxe....
Que quererá dicir? Axudádesnos a descifrar o misterio?
Lectura facilitada
Organízase unha grande exposición sobre a Grecia Antiga no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas.
Na exposición reuníronse algunhas das pezas máis coñecidas da arte clásica.
Son obras espalladas por diferentes museos europeos.
Estas obras reuníronse de novo en Atenas.
E os e as amantes do mundo clásico poderemos velas xuntas.
Despois de meses de traballo para facelo posible.
Os encargados e encargadas desta exposición están emocionados.
Vaites!
Parece que temos un problema.
Esta mañá.
A directora do museo, Helena Stamakatis, decatouse de que faltaban algunhas pezas das salas.
Un roubo no museo!
No canto das obras temos esta misteriosa e encriptada mensaxe.
Que quererá dicir?
Axudádesnos a descifrar o misterio?