Saltar navegación

3.2. Segunda mensaxe: as actividades económicas

 

Glosario

Escravitude

Escravos traballando nunha mina

Definición:

Sometemento total dunha persoa ou grupo a outro suxeito ou grupo social, que exerce o dereito de propiedade sobre o individuo ou o grupo dominado. Na Grecia Antiga foi unha fonte de man de obra barata.

Exemplo:

Os escravos gregos non eran considerados cidadáns.

Polis

Fotografía da Acrópole de Atenas

Definición:

“Cidade-Estado”, típica dunha comunidade na antiga Grecia. Constituída por unha cidade e o seu territorio circundante. Eran independentes entre si, aínda que compartían trazos culturais. Podían asociarse con fins militares e comerciais.

Exemplo:

Atenas e Esparta foron das principais polis da antiga Grecia.

Talasocracia

Gravado de Dionisio nunha embarcación

Definición:

Control comercial sobre as rutas marítimas. Procedente dos termos thalassa (mar), e kratos (poder ou goberno). Ese dominio baseábase na superioridade na navegación e na capacidade de distribución dos seus produtos.

Exemplo:

A Illa de Creta exerceu unha importante talasocracia sobre o mar Exeo a partir do III milenio a. C.

Segunda mensaxe

Κλέπτης di...

Velaquí a segunda mensaxe. Se queredes aprender sobre a economía grega, teredes que desencriptar estas pistas.

Lectura facilitada

Κλέπτης di...

Velaquí a segunda mensaxe. 

Se queredes aprender sobre a economía grega.

Teredes que desencriptar estas pistas.

Repasa o alfabeto

Alfabeto grego

As actividades económicas dos antigos gregos

Gravado dun barco no interior dunha copaUn clima mediterráneo de escasas choivas e veráns cálidos, un relevo montañoso e pequenos vales, unha costa moi recortada e o contacto directo co mar, converteron ao Mediterráneo nun elemento clave na comunicación e na economía da Antiga Grecia.  

Na península balcánica había poucas terras fértiles para o cultivo, baseado en cultivos de secaño de cereais, vide e oliveira, e completada coa gandaría de cabras, ovellas e porcos, o que levou a que tivesen un papel máis importante outras actividades económicas como: 

  1. A artesanía, por exemplo a cerámica que se exportaba a  diferentes puntos do Mediterráneo e Oriente Próximo. 
  2. O control comercial dos mares (talasocracia), foi unha  destacada actividade económica, apoiada nunha importante flota mercante, e con base á moeda.
  3. O comercio estendíase por todo o Mediterráneo. Importaban sobre todo trigo, papiro e madeira; e exportaban cerámica. Tamén comerciaban con escravos. Ademais, foi unha importante vía para a fundación de numerosas polis ao longo das costas do Mar Mediterráneo.
  4. A escravitude e os botíns de guerra foron unha importante fonte de ingresos, xunto co cobro de impostos para manter os templos, pagar o exército ou construír obras públicas.

Lectura facilitada

As actividades económicas dos antigos gregos.

O Mediterráneo foi un elemento clave na economía e comunicación da Antiga Grecia debido a un clima seco e caloroso en verán e un relevo montañoso.

Con poucas terras para o cultivo, destacou a agricultura do trigo, vide e oliveira; e a gandaría de cabras, ovellas e porcos.

Os antigos gregos destacaron en actividades como a artesanía, e o comercio a través do que controlaban os mares (talasocracia).

E tamén fundaban polis.

Os botíns de guerra, o cobro de impostos e a escravitude eran unha importante fonte de ingresos para os gregos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)