Saltar navegación

5.1. Facemos balance do noso reto

Que pensades vós?

Valora os teus coñecementos accedendo á diana de avaliación.

Fai clic para a descarga en PDF.

Conseguiches os obxectivos?

Pregunta

Ao longo da preparación deste reto descubrín que...

Respostas

Coñecía algunhas cousas sobre a Antiga Grecia e grazas a este traballo agora xa sei un pouco máis

Coñecía algunhas cousas sobre a  Antiga Grecia e grazas a este traballo agora xa sei bastante máis.

Coñecía algunhas cousas sobre a Antiga Grecia e grazas a este traballo agora xa sei moitas cousas máis.

Retroalimentación

Pregunta

Grazas a seguir as mensaxes de Kleptis, coñecín que...

Respostas

Calquera obxecto, incluso aqueles que teñen un uso máis cotián como unha simple agulla ou un canto tallado, pode servir como unha valiosa fonte arqueolóxica para axudarnos a coñecer mellor o pasado.

Fai falla unha equipa de gran variedade de investigadores para poder estudar en profundidade estes obxectos.

Un proceso rigoroso de catalogación dos obxectos axúdanos a coñecelos e difundilos mellor. 

Retroalimentación

Pregunta

Na historia da Grecia Antiga podemos diferenciar as seguintes etapas...

Respostas

Un longo período chamado "etapa prehelénica", na que incluímos a civilización cicládica e as culturas minoica e micénica.

Unha Idade Escura, seguida da etapa Arcaica e finalmente a Clásica, a etapa de esplendor.

Despois da etapa Clásica aparece a figura de Alexandre Magno, que formará un Imperio que se estende por África e Asia. Tras el, Roma conquistará Grecia e comezará a etapa Helenística.

Retroalimentación

Pregunta

Planificar e elaborar unha exposición rigorosa esixe un grande esforzo e a coloración de todo o grupo. Cal dirías que foi a túa parte preferida neste proceso?

Respostas

O descifrado das mensaxes de Kleptis. Aprendín tanto nesta fase! 

A resolución dos enigmas que contiñan as mensaxes de Kleptis. Dar cos obxectos clave da Grecia Antiga aos que facían referencia foi un verdadeiro reto!

A recuperación das pezas roubadas para volvelas expoñer e dar a coñecer ao público. Nunca esquecerei a emoción de rescatar obras clave do noso patrimonio cultural!

Retroalimentación

Pregunta

O noso traballo non só nos permitiu aprender, senón tamén ensinar aos demais. O alcance do noso traballo fixo que mellorase o coñecemento da Grecia Antiga...

Respostas

En todo o alumnado do noso centro

Toda a comunidade educativa do noso centro: alumnado, profesorado, persoal...

 Non só dentro do noso centro, senón tamén xente da nosa contorna que coñeceu a nosa actividade.

Retroalimentación

Feito con eXeLearning (Nova xanela)