Retratos lucentes
Na seguinte actividade seguimos avanzando nos retratos para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Agora que xa coñeces ben como se empregan as cores da Arte Pop, toca seguir experimentando, mais nesta ocasión, con cores lucentes.
No seguinte videotitorial explicámosche como.
Paso 1
Facer o retrato

Escolle unha das mulleres da actividade anterior e fai un retrato dela a lapis. Non o colorees.
Paso 2
Colorear

Coloréaa con cores típicas da Arte Pop, mais nesta ocasión con rotuladores ou marcadores fluorescentes.
Paso 3
Recortar

Recorta a contorna do teu retrato e pégao nunha cartolina de cor rechamante.
Paso 4
Resaltar

Repasa cun rotulador negro as partes que queiras resaltar.
Paso 5
Presentar

Escribe o nome da muller retratada e xa terías o cartel listo para colocar polos corredores do centro e conmemorar o 8M.
Lectura facilitada
Seguimos conmemorando o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Agora imos experimentar
con cores lucentes.
No seguinte videotitorial explicámosche como.
Paso 1: escolle unha das mulleres
e fai un retrato dela a lapis.
Non o colorees.
Paso 2: recorta a contorna do teu retrato.
Cólao nunha cartolina.
Paso 3: coloréaa con cores da Arte Pop
usando rotuladores fluorescentes.
Paso 4: repasa cun rotulador negro
as partes que queiras resaltar.
Paso 5: escribe o nome da muller retratada.
