Saltar navegación

2.1. En equipo

Antes de comezar...

No momento de realizar unha produción artística é importante seguir unha serie de pasos

Pensa como te enfrontas á realización dun traballo de plástica. 

  • Que pasos segues?
  • Como te organizas?
  • Fas algunha busca de información ou inspiración?

Contesta as preguntas e fai unha posta en común con todo o grupo.

Lectura facilitada

Para realizar unha obra artística

hai que seguir uns pasos. 

Pensa como fas ti

un traballo de plástica. 

  • Que pasos segues?
  • Como te organizas?
  • Procuras información?

1 - 2 - 4

Esta tarefa ten varios pasos:

1. Cando avise a persoa docente visualizaredes unha nube de palabras relacionadas cos obxectivos e o reto do proxecto.

2. Teredes un tempo para debuxar individualmente o que vos imaxinedes que hai que facer neste proxecto.

3. Rematado o tempo, compartiredes coa vosa parella o debuxo e seleccionaredes o que vos gusta dun e doutro.

4. Por último, faredes o mesmo co resto do equipo creando un novo debuxo coas achegas de todos e todas.

Tendes que plasmar o que recordes sobre Andy Warhol e a súa arte. Tamén tendes que expor a vosa experiencia sobre como vos imaxinades a instalación artística, algunha vez estivestes nalgunha? sabedes como funciona?

Durante esta fase de intercambio de coñecemento podedes debater sobre o reto, incluso comezar a propor ideas para crear o recuncho.

5. Cando remate o tempo, faredes unha posta en común con toda a clase.

Lectura facilitada

Esta tarefa ten varios pasos:

1. Cando avise a persoa docente

visualizaredes unha nube de palabras.

2. Teredes un tempo para debuxar

o que vos imaxinedes que hai que facer

neste proxecto.

3. Rematado o tempo, 

compartiredes coa parella o debuxo

e elixiredes o que vos gusta.

4. Por último, faredes o mesmo que o equipo 

creando un novo debuxo

coas todas as propostas.

Tendes que debuxar o que lembredes

sobre Andy Warhol.

Tamén tendes que contar a vosa experiencia

sobre instalación artística,

algunha vez estivestes nalgunha?

sabedes como funciona?

Durante esta fase

podedes falar sobre o reto,

mesmo propor ideas para o recuncho.

5. Cando remate o tempo,

faredes unha posta en común.

Folio xiratorio

Ademais de crear unha instalación artística e descubrir a Warhol, neste proxecto é moi importante dar a coñecer mulleres salientábeis en diferentes ámbitos (e se son galegas, mellor que mellor!).

Canto controlas sobre este tema? Propómosche a seguinte actividade para recoller todo o que xa sabedes ti e o teu equipo. Teredes que completar unha ficha con todas as mulleres galegas que recordedes no ámbito correspondente: literatura, artes escénicas (televisión e cine), música, política, ciencias e deporte. Para iso empregaredes a técnica do folio xiratorio no tempo que marque a persoa docente. Podedes descargala aquí en formato PDF (nova xanela) ou en formato editable.

Seguide os seguintes pasos:

Preparación

Cada equipo debe ter un folio, lapis e goma.

Pictograma dun lapis e un papel Pictograma dunha goma de borrar  

Comezar a escribir

Cando o indique a persoa docente, unha persoa do equipo escribe unha idea ou parte da resposta nunha das partes do folio que considere.

Pictograma que representa escribir nunha ficha

Xirar o folio

1. Unha vez escriba, pasa o folio á persoa da dereita.

Pictograma dunha frecha que sinala a dereita

2. A seguinte persoa, le o que está escrito e engade outra idea ou continúa co que se está a escribir.

Pictograma que representa unha persoa lendo   Pictograma que representa escribir nunha ficha

Repetir 

O folio vai xirando entre as persoas do equipo ata que remate o tempo marcado.

Pictograma dunha frecha que sinala a dereita   Pictograma que representa un reloxo de area

Posta en común

Ao terminardes, facede unha posta en común das achegas de todos os equipos e completade as que vos falten de ser o caso.

Pictograma que representa persoas falando    Pictograma que representa escribir nunha ficha

Lectura facilitada

Ademais de crear unha instalación artística

e descubrir a Warhol,

coñeceremos mulleres importantes (mellor se son galegas!).

Canto sabes sobre o tema?

Propómosche a seguinte actividade.

Completade unha ficha

con todas as mulleres galegas

que lembredes: literatura, cine, música, política, ciencias e deporte.

Empregaredes a técnica do folio xiratorio

no tempo que marque a persoa docente.

Seguide os seguintes pasos:

1. Comezar a escribir:

Cando avise a persoa docente,

unha persoa do equipo escribe unha idea 

nunha das partes do folio.

2. Xirar o folio:

Unha vez escriba,

pasa o folio á persoa da dereita.

A seguinte persoa,

le o escrito

e engade outra idea.

3. Repetir.

O folio xira entre as persoas do equipo

ata que se remate o tempo.

4. Posta en común.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)