Crear os retratos paso a paso
PASO 1
Debuxar o retrato

Fai un retrato dunha muller galega relevante. Non é necesario colorealo. Podes utilizar medio folio ou un folio enteiro.
PASO 2
Pasar o debuxo ao acetato

Calca cun rotulador permanente o retrato no papel de acetato.
PASO 3
Poñer unha cartolina

Escolle unha cartolina para colocar baixo o acetato. Únea con fita adhesiva ao acetato.
PASO 4
Recortar anacos de cores

Usa diferentes papeis creativos para recortar coas formas que queiras pór na colaxe.
PASO 5
Pegar os anacos de cores

Pega os papeis sobre a cartolina dando renda solta á túa creatividade. Baixa o acetato e comproba o resultado.

Lembra revisar a lista de control (nova xanela) do reto.
Lectura facilitada
PASO 1
- Fai un retrato dunha muller galega relevante.
- Non é necesario colorealo.
- Podes facelo nun folio ou en medio folio.
PASO 2
- Calca o retrato cun rotulador permanente, no papel acetato.
PASO 3
- Escolle unha cartolina e colócaa baixo o acetato.
- Únea con fita adhesiva ao acetato.
PASO 4
- Usa papeis creativos.
- Recorta os papeis con diferentes formas.
PASO 5
- Cola os papeis sobre a cartolina.
- Baixa o acetato e comproba o resultado.
Lembra revisar a lista de control (nova xanela) do reto.