Saltar navegación

3.1. O agamógrafo da Paz

Para informarse

Ilustración dun agamógrafo do día da Paz.

Coñecemos a técnica do Agamógrafo.

Algunha vez oíches falar dun agamógrafo? Non? Pois non te preocupes porque nesta fase vas aprender a crear un. O agamógrafo é unha técnica utilizada por un artista israelí chamado Yaacob Agam onde, xogando con dúas imaxes escondidas, a ilusión óptica é a protagonista.

Para crear o agamógrafo terás que lembrar os tipos de liñas xa que vas traballar facendo liñas verticais paralelas utilizando a regra e o escuadro. Aquí podes descargar o documento editable tipo de liñas ou o  documento PDF tipo de liñas (nova xanela). 

No seguinte videotitorial explícanche como crear un agamógrafo:

Que tes que facer?

Agora tócache crear un agamógrafo mais, como imos celebrar o Día da Paz, terás que crear un agamógrafo con imaxes que representen a Paz (pomba, logo da paz, grúa de papel, arco da vella...)

Para crealo necesitarás:

Lectura facilitada

Coñecemos o Agamógrafo.

Oíches falar dun agamógrafo? Non?

O agamógrafo é unha técnica creada por Yaacob Agam.

Xógase con dúas imaxes escondidas,

a ilusión óptica é a protagonista.

Para crear o agamógrafo terás que lembrar os tipos de liñas. 

Que tes que facer?

Tes que crear un agamógrafo

con imaxes que representen a Paz

(pomba, logo da paz, grúa de papel, arco da vella...)

Para crealo necesitarás:

  • Regra e escuadro
  • Folios
  • Lapis
  • Pinturas
  • Tesoiras
  • Pegamento de barra

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)