Facemos os retratos GIMP
Agora propómosche que fagas retratos ao estilo Arte Pop cun editor de imaxes do ordenador. Tes un videotitorial e os pasos a seguir a continuación.
Paso 1
Busca de fotografías

- Busca 1 fotografía de mulleres importantes dos diferentes ámbitos: literatura, cine, televisión, ciencia, deporte, política e música. A seguinte ligazón pode serche de axuda: web igualdade, aprende coas mulleres galegas (nova xanela).
- Gárdaas no teu ordenador co seguinte nome: nome do ámbito_nome e apelido da muller (cine_María Vázquez).
Paso 2
Elección dos retratos
- Elixe unha das mulleres dun dos ámbitos para o teu traballo.
- Fai unha posta en común das eleccións co resto da clase para que cada ámbito teña polo menos 2 representantes.
Paso 3
Colorear o retrato

Emprega o programa informático GIMP para colorear o retrato da muller que elixiches. Usa as cores típicas da Arte Pop.
Paso 4
Completar os datos da protagonista

Engade o nome da muller así como o ámbito/profesión en que é relevante.
Paso 5
Expor o traballo

Imprime a imaxe, fai copias e colócaas polos corredores do colexio para decoralo e conmemorardes o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Tamén podes usar a túa creación para a publicares no sitio web do centro en Internet.
Lembra revisar a lista de control (nova xanela) da instalación artística.
Lectura facilitada
Paso 1.
Busca 1 fotografía de mulleres importantes
dos seguintes mundos:
da literatura, cine, televisión,
ciencia, deporte, política e música.
A seguinte ligazón pode serche de axuda: web igualdade, aprende coas mulleres galegas (nova xanela).
Gárdaas no teu ordenador co seguinte nome:
nome do mundo_nome e apelido da muller
Exemplo: cine_María Vázquez.
Paso 2.
Elixe unha das mulleres.
Fai unha posta en común.
Ten que haber 2 representantes
de cada mundo.
Paso 3.
Emprega o programa informático GIMP
para colorear o retrato da muller.
Usa as cores típicas da Arte Pop.
Paso 4.
Engade o nome da muller
Engade o ámbito/profesión na que é importante.
Paso 5.
Imprime a imaxe e fai copias.
Decorade os corredores do colexio
polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Podes usala tamén para publicala na web do centro.
Lembra revisar a lista de control (nova xanela) do reto.