Glosario
Gomets
-
Definición:
-
Adhesivos con cores e formas variadas, xeralmente xeométricas.
-
Exemplo:
-
As nenas e os nenos de infantil empregaron gomets para facer series.
Definición:
Adhesivos con cores e formas variadas, xeralmente xeométricas.
Exemplo:
As nenas e os nenos de infantil empregaron gomets para facer series.
Na fase 4 terás que montar e dinamizar unha instalación artística para todo o cole. Para iso vas crear en equipo diferentes recunchos coas producións da fase 3. Aquí tes un adianto do que vas ter que facer.
Luz negra, fluorescentes e retratos de mulleres relevantes serán os recursos cos que teredes que idear.
A música é tamén un medio de expresión de sentimentos. Proxectando vídeos musicais teredes que facer un recuncho no que o resto do alumnado poida partillar as emocións que lle evocan.
Materiais de diferentes texturas serviranche para elaborar este recuncho.
Retratos en papel de acetato, material translúcido e mesas de luz serán as protagonistas desta parte da instalación.
Papeis creativos, tesoiras, pegamento e un cartel xigante serán os protagonistas.
Porén antes de pasar á seguinte fase, tes que formar un equipo con algunhas das túas compañeiras e dos teus compañeiros para superar o reto final e para desenvolver algunhas das actividades que che propoñemos na fase 2.
Na fase 4 terás que montar unha instalación artística.
En equipo crearedes recunchos coas producións da fase 3.
Vas ter que facer:
Agora tes que formar un equipo.
Debaixo da túa cadeira
hai un gomet dunha cor
e dunha forma determinada.
Busca ás persoas que teñan o mesmo gomet ca ti.
Ese será o teu equipo.
Para o reto final ides precisar vídeos musicais. Fai unha busca de 2 cancións que cumpran os requisitos da seguinte lista de cotexo e compárteos coa persoa docente.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0