Glosario
Rutina de pensamento
-
Definición:
-
Conxunto de actividades, pasos ou preguntas que nos axudan a organizar as ideas e o pensamento.
-
Exemplo:
-
Despois de observar a imaxe durante 30 segundos, fixemos unha rutina de pensamento.
Definición:
Conxunto de actividades, pasos ou preguntas que nos axudan a organizar as ideas e o pensamento.
Exemplo:
Despois de observar a imaxe durante 30 segundos, fixemos unha rutina de pensamento.
A continuación atoparás 3 actividades. Escolle libremente cal ou cales che apetece facer.
Os elementos POP da arte de Andy Warhol son o uso da cor, a repetición así como o uso de obxectos cotiás. A continuación atoparás 6 vídeos musicais de artistas galegas. Escolle un deles e reflexiona sobre como se fai uso dos elementos POP que empregaba Warhol na súa arte.
Emprega a táboa do seguinte documento PDF (nova xanela) ou en formato editable para realizar a actividade.
Os elementos POP da arte de Andy Warhol son
as cores,
a repetición e
o uso de obxectos cotiás.
Hai 6 vídeos musicais
de artistas galegas.
Escolle un deles.
Reflexiona sobre como usan os elementos POP.
Emprega a táboa do seguinte documento PDF (nova xanela),
ou en formato editable para realizar a actividade.
Escolle a resposta correcta.
A seguinte ligazón (nova xanela) levarache ao sitio en Internet da Fundación Canal onde podes realizar unha visita virtual á colección de pósters de Warhol, na que observarás algunha das súas obras. Elixe un retrato e reflexiona sobre el. Aquí che deixamos unhas opcións:
Podes usar as seguintes preguntas para facer a rutina de pensamento: "Vexo, penso, pregúntome".
Modelo de documento "Vexo, penso, pregúntome" en formato PDF (nova xanela). Modelo en formato editable.
Que retrato escolliches? Que observas nese retrato?
Que técnica cres que empregou? Que sensación che producen as cores? Que é o que máis che gusta do retrato?
Que cres que está a pensar a persoa do retrato? Se foses ti a persoa retratada, que cres que verías? Que expresaría o teu rostro? Que título lle porías?
Entra nesta ligazón (nova xanela) da Fundación Canal.
Escolle unha obra.
Pode ser algunha destas opcións:
Utiliza a rutina de pensamento:
Vexo, penso e pregúntome.
VEXO: que observas na imaxe?
PENSO: que é o que máis che gusta?
E o que menos?
PREGÚNTOME: que cres que pensa?
Que título lle porías?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0