Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

Que é o diario de aprendizaxe?

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaUn diario de aprendizaxe é un documento no que escribirás sobre como vai o traballo que estás a facer.

No diario atoparás diferentes partes e preguntas que te axudarán a reflexionar sobre a maneira na que aprendes, as túas experiencias e opinións.

O diario de aprendizaxe é moi útil para ti mesmo e para o teu profesorado, xa que poderás valorar os teus progresos e obter moita información de como vas na aprendizaxe.

Lembra que, aínda que pode ser revisado polo profesorado, non é para avaliar. Escribe con sinceridade e analiza con franqueza a maneira na que aprendes xa que te axudará a coñecerte mellor para futuras aprendizaxes.

Cando usas o diario estás a desenvolver a túa autonomía ao tempo que reflexionas sobre a forma de aprender.

Lectura facilitada

Un diario de aprendizaxe é un documento

para que escribas sobre o traballo que fixeches en cada fase.

O diario ten preguntas para que reflexiones sobre as tarefas

e tamén para escribir a túa opinión.

O diario non é para avaliar,

pero a túa mestra ou o teu mestre o pode revisar

para saber como traballas.

Atende ás explicacións da clase sobre a forma de usar o diario.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)