Facemos agamógrafos
Paso 1. Crea o modelo de liñas paralelas
Axudándote da regra e escuadro crea un modelo de liñas paralelas de 2 cm e marca seguindo o patrón dos números (1,1,2,2,3,3...)
Paso 2. Crea os debuxos
1.º Dobra un folio pola metade e corta pra que, desta maneira, queden dúas partes.
2.º En cada metade do folio crea debuxos diferentes de 20 x 20 cm e coloréaos. Podes utilizar cores cálidas nun debuxo e cores frías noutro para que a ilusión óptica teña máis contraste.

Paso 3. Marca liñas paralelas nos debuxos
Unha vez que remates de colorear tes que marcar cunha regra, en cada debuxo, liñas verticais paralelas de aproximadamente dous centímetros. Podes utilizar de apoio o modelo que creaches no 1.º paso.

Paso 4. Recorta as tiras e numéraas
Unha vez feitas as liñas en cada debuxo, recórtaas en tiras e márcaas con números para non confundirte.


Paso 5. Pega as tiras e dobra
1.º Comeza a intercalar as tiras dos dous debuxos seguindo o patrón dos números (1,1,2,2,3,3...) ata o último número marcado e o pegas no modelo feito no 1.º paso.
2.º Unha vez pegadas todas as tiras, dobra coma un acordeón.
3.º Xa podes observar o teu agamógrafo desde diferentes ángulos.



Lembra revisar a lista de control (nova xanela) da instalación artística.
Lectura facilitada
PASO 1
- Crea o modelo de liñas paralelas.
- Axúdate da regra e escuadro.
- Marca seguindo o padrón (1,22,2,3,3...)
PASO 2
- Crea debuxos.
- Dobra un folio pola metade e corta.
- Fai un debuxo en cada metade de 20x20 cm.
- Colorea os debuxos.
PASO 3
- Marca liñas paralelas nos debuxos.
- Utiliza de apoio o padrón do paso 1.
PASO 4
- Recorta os debuxos en tiras.
- Numera as tiras.
PASO 5
- Pega as tiras dos debuxos.
- Segue o padrón 1,1,2,2,3,3...
- Dobra como un acordeón
- Xa tes o agamógrafo listo.
Lembra revisar a lista de control (nova xanela) da instalación artística.
