Glosario
Serigrafía
-
Definición:
-
Técnica na que se reproducen imaxes sobre outro material transferindo a tinta ao mesmo.
-
Exemplo:
-
Na clase fixemos unhas camisolas para a excursión empregando a técnica da serigrafía.
Definición:
Técnica na que se reproducen imaxes sobre outro material transferindo a tinta ao mesmo.
Exemplo:
Na clase fixemos unhas camisolas para a excursión empregando a técnica da serigrafía.
Como xa sabes, na obra de Andy Warhol podemos atopar unha gran cantidade de retratos de persoas moi importantes na súa época. Para iso, empregaba técnicas como a serigrafía, fotografía ou colaxe.
Unha das obras máis representativas deste artista é a que ten como protagonista a Marilyn Monroe, actriz moi popular nos anos 60.
Andy empregou unha fotografía dela cando rodaba a película Niágara tomada por Gene Korman e fixo ao redor de 50 obras baseándose nela. Unha das máis coñecidas é a que ten por nome "Marylin Diptych" (nova xanela). Para ela empregou a técnica da serigrafía facendo variacións das cores sobre a mesma imaxe.
Propómosche que fagas unha serie de retratos variando e xogando coas cores e empregando diferentes técnicas.
E quen sairán neses retratos? Mulleres relevantes galegas de diferentes ámbitos: literatura, artes escénicas (cine e televisión), deporte, ciencia, política e música. Terás que atopar unha representante de cada ámbito e elixir unha desas imaxes como base do teu traballo nas seguintes actividades. Vamos alá!
Warhol empregaba técnicas
como a serigrafía,
fotografía ou colaxe.
Andy empregou unha fotografía
de Marilyn Monroe,
fixo unhas 50 obras baseándose nela.
A máis coñecida é
"Marylin Diptych",
empregou a técnica da serigrafía,
facendo variacións das cores sobre a mesma imaxe.
Que vas facer?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0