A continuación atoparás 3 actividades. Elixe libremente cal ou cales che apetece facer.
3.5. Antes de rematar
Sobre as técnicas
Imos repasar os contidos e técnicas plásticas que traballamos ao longo desta fase.
Agora toca crear!
Elixe unha das mulleres galegas da recompilación que fixestes na fase 3.3.
Fai unha composición artística na que inclúas:
- A técnica da colaxe con polo menos 3 materiais e 3 texturas diferentes.
- Unha caricatura da muller seleccionada.
- As cores propias da Arte Pop.
Lectura facilitada
Imos repasar os contidos desta fase.
Elixe unha das mulleres galegas da recompilación da fase 3.3.
Fai unha composición artística incluíndo:
- A técnica da colaxe con polo menos 3 materiais e 3 texturas diferentes.
- Unha caricatura da muller.
- As cores propias da Arte Pop.
Audio
Elas tamén pintan
Ao longo deste proxecto falamos de Andy Warhol, o máximo representante da Arte pop.
Agora, tócache coñecer a Margaret Keane (nova xanela). Ela foi unha muller que pintaba retratos a óleo, principalmente mulleres, nenas e nenos, onde destacaba os seus grandes ollos.
Interesante non, si? Oíras falar dela? Seguramente non.
A súa obra foi xulgada por persoas críticas de arte que a consideraban demasiado pretenciosa e de mal gusto, porén, mesmo o propio Andy Warhol, quedou fascinado co seu traballo, e non facía caso do que dicían os críticos, xa que o éxito que tiña a obra de Margaret demostraba a súa calidade e orixinalidade.
A principios dos anos 60, comezou a gozar de moito éxito e popularidade grazas aos seus retratos de persoas con ollos grandes e expresivos. Porén, o que non sabía Margaret, é que os seus retratos ían asinados co nome do seu marido, Walter Keane atribuíndose, desta maneira, o mérito das obras. En 1970, Margaret, comezou unha batalla legal con Walter, reclamando a autoría da súa obra. Durante o xuízo, Margaret retou a Walter a pintar e este non foi quen de facelo, quedando demostrado que ela era a autora dos retratos. Despois do xuízo, Margaret continuou pintando e gañándose o respecto de toda a comunidade artística.
Filmouse unha película "Big eyes" (Ollos grandes) (nova xanela) baseada na historia de Margaret e Walter Keane o que fixo que a xente se interesara máis polo estilo artístico de Margaret.
A súa vivencia expón a loita de moitas mulleres artistas para obter recoñecemento no mundo da arte, a pesar do seu talento e creatividade.
Pensa e contesta as seguintes cuestións:
- Cres que se desde un principio se soubese que era Margaret a que pintaba os cadros, tería tanto éxito a súa obra?
- Fai unha lista de homes e mulleres que relaciones co mundo da arte (pintura, escultura...).
- Que lista é máis numerosa? A que cres que se debe isto?
Por último, anímate a facer un debuxo na súa honra. Observa aquí a súa obra (nova xanela) e ten en conta o seguinte:
- Debuxaba, principalmente, mulleres, nenas e nenos.
- Nos rostros destacaban uns ollos grandes e expresivos.
- As súas obras mesturaban nostalxia e fraxilidade.
Lectura facilitada
Tócache coñecer a Margaret Keane.
Foi unha muller que pintaba retratos a óleo,
mulleres e nenos,
onde destacaba os seus grandes ollos.
A súa obra foi moi criticada,
mais o propio Andy Warhol,
quedou fascinado co seu traballo.
O éxito que tiña a obra de Margaret
amosaba a calidade e orixinalidade do seu traballo.
A principios dos anos 60, comezou a gozar de moito éxito
cos seus retratos de persoas con ollos grandes.
O que non sabía Margaret,
é que os seus retratos ían asinados
co nome do seu marido Walter Keane.
En 1970, Margaret reclamou a autoría da súa obra ao seu marido.
Durante o xuízo, Margaret retou a Walter a pintar
e este non foi quen de facelo,
demostrado que ela era a autora dos retratos.
Despois do xuízo, Margaret continuou pintando.
Filmouse unha película "Big eyes" (Ollos grandes)
baseada na historia de Margaret e Walter Keane.
A súa vivencia expón a loita de moitas mulleres artistas
para obter recoñecemento no mundo da arte,
a pesar do seu talento e creatividade.
Pensa e contesta no teu caderno:
Tería tanto éxito as obras se Margaret as asinase?
Fai unha lista de homes e mulleres do mundo da arte (pintura, escultura...).
Que lista é máis numerosa?
A que cres que se debe isto?
Por último, anímate a facer un debuxo na súa honra.
Observa aquí a súa obra (nova xanela) e ten en conta o seguinte:
- Debuxaba mulleres e nenos.
- Nos rostros destacan uns ollos grandes e expresivos.
- As súas obras mesturaban nostalxia e fraxilidade.
Audio
Canto lembras?
Le o texto e completa coas palabras que faltan.
- O @@agamógrafo@@ é unha técnica artística creada por un artista @@israelí@@ chamado Yaacob Agam onde, xogando con dúas imaxes escondidas, a @@ilusión@@ @@óptica@@ é a protagonista.
- Para crear un agamógrafo úsanse liñas @@verticais@@ @@paralelas@@.
- As ferramentas que podemos empregar para facer liñas son: r@@egra@@, e@@scuadro@@ e c@@artabón@@ .
- Na obra de Andy Warhol podemos atopar unha gran cantidade de @@retratos@@ de persoas moi importantes na súa época. Para iso, empregaba técnicas como a s@@erigrafía@@ , f@@otografía@@ ou c@@olaxe@@.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0
