Saltar navegación

3.3. Acetato colaxe

 

Glosario

Fita adhesiva

Pictograma onde se mostra unha fita adhesiva de cor marrón.

Definición:

Cinta que serve para unir diferentes materiais.

Exemplo:

Colamos uns carteis nos corredores do cole con fita adhesiva.

Papel acetato

Pictograma dunha persoa que amosa un papel transparente

Definición:

Papel transparente, que se utiliza en manualidades, para calcar un debuxo.

Exemplo:

Collín un papel de acetato para calcar un debuxo dun dinosauro.

Relevante

Pictograma dunha muller con cores que destaca sobre homes en branco e negro

Definición:

Algo importante.

Exemplo:

Rosalía de Castro foi unha muller relevante na literatura galega.

Máis información

A acetato colaxe, tamén coñecida como colaxe en acetato, é unha variante da técnica Colaxe Pop americana, cuxo principal representante é Andy Warhol.

El mesturaba a fotografía con diferentes materiais, como papeis e pinturas, dando orixe a unha nova obra chea de cor e orixinalidade.

Un exemplo da súa creatividade é a colaxe en acetato. Imprimía unha fotografía en branco e negro en papel de acetato, ou de transparencia e engadía papeis e elementos gráficos para lle dar cor.

Que tes que facer?

Elaborar un retrato dunha muller galega relevante e crear unha colaxe coa técnica de acetato. Podes usar o retrato dalgunha muller da fase 2.1 ou algunha que podes atopar na seguinte páxina web: "Aprende coas mulleres galegas (nova xanela)".

Aquí tes unha pequena explicación desta proposta.


Lectura facilitada

Unha técnica usada por Warhol

foi a acetato colaxe.

Warhol imprimía unha fotografía

en branco e negro,

en papel de acetato ou transparencia

e engadía papeis e

elementos gráficos

para lle dar cor.

Agora ti terás un reto:

elaborar retrato

dunha muller galega

e crear unha colaxe

aplicando a técnica de acetato.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)